Free Porn
xbporn
Home Vigo O Porriño Obradoiros nos institutos do Porriño para prevenir adiccións

Obradoiros nos institutos do Porriño para prevenir adiccións

- Anuncio -
  • Alumnos/as, pais e nais, e mestres/as reciben ferramentas para prevenir adiccións relacionadas cas drogas e as novas tecnoloxías.

Os estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do Porriño -un total de 223- participan en obradoiros de prevención de adiccións, organizados polo Concello xunto coa Conxellería de Sanidade. Baixo o lema “NON PASA NADA, PASA ALGO?”, a Asociación Érguete foi a encargada de impartir esta actividade. “Queremos que aprendan todas as realidades que pode agochar un problema de adicción e tamén que entendan a importancia de saber dicir que non”, destacan na Asociación.

Con estos obradoiros, O Porriño pon fin ás formacións levadas a cabo nos centros de ensino do Porriño e Mos ao aveiro da subvención da Consellería de Sanidade en materia de Prevención de Conductas Adictivas ao longo do curso 23/24.

Os obradoiros destináronse a nenos/as, mozos/as, ás súas familias e aos propios centros, promovendo actividades en positivo e informando adecuadamente e por profesionais dos riscos que supoñen o alcol, o tabaco e os distintos tipos de drogas, así como dos novos tipos de adiccións na nosa sociedade que chegan da man das novas tecnoloxías, como o xogo online, os videoxogos e a redes sociais.

Proporcionar ferramentas de autocoñecemento, de resistencia á presión do grupo ou de traballo en equipo, facer que eles sexan quen de pór en valor alternativas de ocio saúdables ou formar familias e mestres que colaboren nesta prevención e na supervisión dos proxectos dos mozos/as, son os obxectivos destas formacións.

“Dende o Concello traballaremos para que as novas xeracións exploren todo o seu potencial sen os límites e as ataduras que supoñen as adiccións”, indica Teresa Veloso, concelleira de Sanidade.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas