Os resultados das analíticas das augas detectadas na Cidade Deportiva do Celta en Pereiras son óptimos

adminON
Lectura mínima de 3

Os informes demostran que as acusacións de Auga e Vida e Ecoloxistas en Acción son falsas e contradícense co resultado da análise da toma de mostras

Desde o Concello de Mos infórmase, tal e como se comprometeu a alcaldesa, Nidia Arévalo, hai uns días, dos resultados da análise das augas detectadas en Pereiras.

As analíticas, realizadas por un laboratorio con acreditacións para este tipo de análises de augas, e con trazabilidade, deron un resultado óptimo conforme á lexislación vixente.

Neste senso a rexedora local mosense lamenta novamente “esta alarma social innecesaria e infundada, cunha clara intencionalidade política por parte de Ecoloxistas en Acción, Auga e Vida e a Comunidade de Montes de Tameiga”. “Estratexia que veñen desenvolvendo desde 2017 cada vez que hai eleccións”, destaca Arévalo.

A alcaldesa informou hoxe de que, tras ter acudido o pasado 13 de maio técnicos municipais para supervisar a toma de mostras, mostras nas que se recolleron augas, mediuse o caudal, tomouse a temperatura das augas, e inspeccionouse e comprobouse o estado das balsas de rego e a rede de saneamento; estas mostras trasladáronse ao laboratorio para a súa posterior análise sendo os resultados das analíticas e declaracións responsables de toma de mostras, óptimas, tal e como era previsto.

Do informe do laboratorio extráese que os resultados das analíticas non coinciden en absoluto cos resultados da analítica que aporta Ecoloxistas en Acción” e que “as augas analizadas son empregadas para rego e non se trata de ningún tipo de verquido de augas fecais. Así mesmo especifica que non se está infrinxindo a vixente lexislación, sendo a realidade que se trata de augas que rebosan dunhas balsas destinadas para o rego.

É por elo que a rexedora Nidia Arévalo insiste en que “as acusacións realizadas, ademáis de falsas, son moi graves e como se pode comprobar, os resultados das analíticas contradicen estas afirmacións”.

Xa hai uns días, cando técnicos municipais acudiron a supervisar e inspeccionar a zona para verificar a procedencia e a calidade das augas referidas, constataron durante esa visita que estas semellaban limpas, o que agora vénse a confirmar cos resultados das analíticas na man.

Comparte este artigo