Home Pontevedra A Paradanta Mellora do acceso ao lugar de O Couto en Arbo

Mellora do acceso ao lugar de O Couto en Arbo

- Anuncio -

• O Concello de Arbo realizou obras de mellora no accceso ao lugar de O Couto

• As obras foron financiadas cunha achega da Xunta para a Mellora e importe ascendeu a 49.995,78€.-

• Esta actuación da resposta por parte do goberno local as demandas dos veciños e veciñas de o barrio do Couto en Arbo

O alcalde do Concello de Arbo, comprobaba nestes días o remate das obras de mellora de acceso ao lugar de o Couto en Arbo.
O goberno arbense invertia nesta actuación 49.995,78 €.- co financiamento do 70% do investimento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, de acordo coa Orde de 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e convócanse subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados a prestación de servizos municipais, destinadas a Concellos de Galicia para o ano 2021, sendo o 30% restante asumido polo Concello con cargo a fondos propios.
O obxecto do contrato é a mellora do acceso dun camiño municipal no Lugar de O Couto, na parroquia de Arbo, coa mellora do seu trazado e seguridade viaria, ampliando a plataforma pavimentada.
O Alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil, insistiu en que “esta acción responde a unha demanda histórica dos veciños e veciñas do barrio de O Couto, que recolleu o equipo de goberno do Concello de Arbo”. Coas obras realizadas deuse na estrada de acceso ao Couto resposta a cidadanía “o noso compromiso de rematar a remodelación completa en canto posible porque un dos nosos obxectivos é devolver aos lugares do noso municipio a importancia que nunca tiveron que perder” – remata o rexedor.
As obras realizadas describense no proxecto redactado e que serviu de base para a solicitude da subvención ante a Xunta entre as que estan a execución dunha limpeza de marxes con apertura de cunetas eliminación de raíces existentes das árbores próximas en varios puntos do trazado, demolición do firme existente, a colocación de salvacunetas con tubaxe e posterior pavimentación, así como nova iluminación.
«Son obras que están dentro do plan que puxemos en marcha para a mellora de viais públicos do municipio -sinala edil Horacio Gil-. A estes sumaranse outros aprobados e incluídos dentro do plan de melloras de viais municipais, espazos publicos e melloras en abastecemento e saneamentos para o ano 2021. No ano 2020 o Concello de Arbo acometeu melloras no viais de Laxas, Esmoriz, Urzal, mellora do entorno de San Xoan, Area Recreativa Bouza de Miguel, melloras en lavadoiros…. entre outras.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas