Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén acondiciona un tramo do Camiño Taverneiro

Pazos de Borbén acondiciona un tramo do Camiño Taverneiro

- Anuncio -

• O Concello realizou o desbroce do antigo Camiño de Pazos á Ermida

O Goberno local avanza no impulso do Camiño de Taverneiro, unha antiga ruta que conectaba comunidades e servía como vía para unir pobos. Nesta ocasión procedeu á limpeza do antigo camiño que unía Pazos e A Ermida, que estaba intransitable. O acondicionamento deste tramo vai permitir aos peregrinos evitar a estrada e transitar por un entorno seguro e en plena natureza.

Con esta actuación o Goberno demostra o seu compromiso de potenciar o turismo local. Rehabilitar sendeiros e antigos camiños é unha das liñas de traballo que vai facilitar que veciños e veciñas do municipio, así como de todos os visitantes, poidan gozar do noso entorno natural transitando por vellos camiños cheos de encanto e de historia.
¿Que é o Camiño de Taverneiro? O Camiño de Taverneiro, aínda que menos coñecido que o Camiño de Santiago, ten unha historia rica e significativa. O seu nome honra a Ignacio Taverneiro, un peregrino que faleceu en A Estrada en 1784 durante o seu viaxe de volta desde Santiago. Esta ruta alternativa permitía aos peregrinos evitar impostos nos pontes e cidades do camiño principal dende Portugal.

O Renacemento en Pazos de Borbén. O desbroce deste treito da Ermida en Pazos de Borbén, que estivera abandonado, devolve á vida este camiño. En tempos pasados, esta ruta era vital para conectar A Ermida. Os defuntos desta parroquia facían este percorrido para seren enterrados en Pazos, por iso conta con varias cruces ao longo do seu percorrido. Tamén era utilizado durante as festas populares de agosto para trasladar os santos ata Pazos, onde permanecían ata o mes de marzo. Esta tradición, profundamente arraigada na comunidade, conectaba o sagrado co cotián e marcaba o ciclo da vida e a fe.

Pazos de Borbén xa acolleu varios grupos de peregrinos co seu entusiasmo contaxioso. O boca a boca e as indicacións proporcionadas a través dunha web dedicada sen dúbida animarán a máis persoas a explorar este camiño que, como antano, conecta comunidades e ofrece unha conexión especial coa natureza.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas