Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén: Un Exemplo de Xestión Económica e Responsabilidade

Pazos de Borbén: Un Exemplo de Xestión Económica e Responsabilidade

- Anuncio -

• So levan a Pleno 1.500 euros a recoñecemento extraxudicial, na contra de 200.000 que levou o PP

O Concello de Pazos de Borbén, a 8 de abril de 2024, nun acto liderado polo alcalde Luciano Otero e o seu equipo de AV, marcaron un antes e un despois na historia económica de Pazos de Borbén. Fronte á xestión previa do PP, que se caracterizou pola acumulación irresponsable de máis de 200.000 euros en facturas impagadas, o goberno actual demostrou unha capacidade sen precedentes para a boa gobernanza.

Con unha visión clara de que hai que pagarlle puntualmente os provedores e unha administración fiscal meticulosa, o equipo de Otero logrou un recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de tan só 1.500 euros en facturas pendentes (non por falta de crédito senón porfecha de rexistro co cambio de ano). Este logro non só reflicte a destreza na xestión de recursos, senón tamén a determinación deste goberno para corrixir os erros do pasado e avanzar cara a un futuro próspero.
O PP, con Eloisa á cabeza, deixou un legado de descoido e mala praxe que o goberno de Otero tivo que enfrontar con valentía e decisión. A habilidade para pagar a todos os provedores e manter as contas en orde é testemuño do cambio positivo que Luciano Otero trouxo a Pazos de Borbén.

Este próximo pleno do 11 de abril é unha oportunidade para que os cidadáns vexan a diferenza entre un goberno que só promete e outro que cumpre. Luciano Otero e AV representan un novo capítulo de responsabilidade e eficiencia, e Pazos de Borbén pode estar seguro de que o seu concello está nas mellores mans.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas