Home O Salnés Cambados Política Social felicita aos alumnos do CEIP San Tomé de Cambados pola...

Política Social felicita aos alumnos do CEIP San Tomé de Cambados pola súa implicación no voluntariado miúdo

- Anuncio -

Realizaron proxectos interxeracionais dentro do centro e cos usuarios do centro de día público situado neste municipio


Participaron un total de 87 rapazas e rapaces do colexio a través de videochamadas cos maiores, intercambio de cartas ou elaboración de contos

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá o CEIP San Tomé de Cambados con motivo do Día Internacional da Solidariedade Interxeracional que se celebra mañá xoves. Alí felicitou aos alumnos que participan no programa Voluntariado Miúdo da Consellería de Política Social pola súa implicación.

No marco desta iniciativa, 87 rapazas e rapaces deste centro realizan actividades interxeracionais que achegan á xuventude coas persoas maiores do seu entorno. Mostra diso é a realización de contos por parte dos usuarios do centro de día de Cambados que foron rematados e xuntados polos alumnos do centro educativo para unha publicación editada.

Así mesmo, tamén se desenvolveu unha comunicación intensa a través de videoconferencias, cartas e a elaboración de artigos feitos á man que logo lle foron entregadas aos maiores. Entre outras actividades, os proxectos postos en marcha por este centro atópase a realización de videocontos do alumnado de 5º e 6º para as nenas e nenos de educación infantil.

Seis centro participantes
Neste curso 2020-21 participan un total de seis centros educativos e 757 alumnas e alumnos no programa Voluntariado Miúdo, incluído dentro do Plan Proxecta na área de voluntariado educativo. Os colexios son: o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, o CEIP San Tomé de Cambados, o CPR La Inmaculada de Marín, o CEIP San Marcos de Abegondo, o CEIP Os Casais de Fene e o CPR Divina Pastora de Ourense.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas