Home Pontevedra O Condado Ponteareas licita unha nova humanización dunha rúa tras lograr 60.000 euros da...

Ponteareas licita unha nova humanización dunha rúa tras lograr 60.000 euros da Unión Europea

- Anuncio -

As obras na rúa Forno Telleiro, a carón do Parque Ferro Ucha, supoñen un novo itinerario do camiño escolar seguro

O Concello de Ponteareas continua obtendo fondos económicos doutras administracións para executar os numerosos proxectos redactados nos últimos anos. Desta volta, o Concello conseguiu unha subvención de 60.000 financiada polo Ministerio de Sanidade, co apoio da FEMP, con cargo a fondos da Unión Europea, a través do instrumento Next Generation EU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) para financiar ao 100% o custo de humanización da rúa Forno Telleiro, situada a carón do Parque Ferro Ucha e que une a rúa Trobador Xoán García coa rúa Nardos.

O Goberno municipal licitou nos pasados días esta obra e as empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo até o día 13 de febreiro.

A actuación consiste en recuperar o que até agora é un camiño asfaltado e sen beirarrúas, para transformalo nunha vía peonil unida ao Parque Ferro Ucha e convertelo nunha nova variante do camiño escolar cuxas obras se están executando na rúa Trobador, facilitando así a mobilidade do alumnado que se dirixe cara os IES Val do Tea e Pedra de Auga. Ademais, esta humanización permitirá unir o paseo peonil ao parque retirando o seu peche actual, realzando así as condicións do parque público no seu perímetro e mellorando a accesibilidade. As obras inclúen o pavimentado en plataforma única de todo o vieiro, iluminación e aparcabicis.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, salientou que “esta actuación demostra unha vez máis a capacidade do goberno municipal para xestionar e lograr recursos económicos doutras administracións como a Unión Europea que avala e apoia os nosos proxectos financiándoos ao 100%”. Cristina Fernández lembrou que “esta humanización súmase a un total de nove realizadas neste mandato” en referencia á Praza de Bugallal, rúa Redondela, Praza Dr. Fernández Vega, Rúa San Roque, Complexo Deportivo Álvaro Pino e Centro de Saúde, o segundo tramo do Paseo Matutino, a rúa Trobador Xoán García, boa parte da rúa Nardos e a rúa Curuxeira cuxas obras comezarán en breve. “Nunca se fixo tanto en tan pouco tempo na nosa vila”, concluíu a alcaldesa.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas