Home O Salnés A Illa de Arousa Programación 8M A Illa de Arousa

Programación 8M A Illa de Arousa

- Anuncio -

Laura Castro, concelleira de igualdade de A Illa de Arousa presenta a programación e o cartaz arredor deste próximo 8 de marzo, día da muller traballadora.

Comezamos con un obradoiro de xoguetes e intelixencia emocional dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos.

O propio día 8 de marzo faremos a lectura do manifesto ás portas do concello e pola tarde pasaremos a facer a inauguración do troco de nome dos Xardíns de Goday que pasarán a ser “Xardín traballadoras da conserva” visto que existen dúas zonas chamadas xardíns de Goday, pretendemos cambiarlle o nome para diferencialas e poñer en valor o traballo que fixeron nesa zona as traballadoras da conserva que estaban empregadas na fábrica.

Pensamos dende esta Concellería que o día máis axeitado para a inauguración sería o 8 de marzo, día da muller traballadora polo seu significado e simbolismo, asegurando que o novo nome proposto para os xardíns é o máis apropiado e ten relevancia histórica, cultural e outros significados importantes para a comunidade.

Existe unha desproporción de xénero no nome das rúas e prazas que ven moi de lonxe, deixando pouca visibilidade para as mulleres, ademais da dicotomía entre o público e o privado que rexe os roles de xénero, xa que mentres que os papeis públicos da sociedade foron tomados case sempre polos homes, a esfera privada da vida como o fogar foi territorio feminino.

Consideramos que os nomes das rúas son unha ferramenta importante para que a nosa vila poida recoñecer a aquelas persoas que o merecen dunha maneira visible, formúlase a presente proposta.

Despois teremos o concerto de Lidia Luna e Ugía Pedreira con entrada libre no museo da conserva “Cantos da balea norte” Música, poesía, narrativa e ecoloxía

Lidia e Ugia propoñen un ferrado de oralidade, unha conversación tecida con cantos e contos entre elas e o público. Como fíos condutores, a paixón polo mar, a profundidade e a sinxeleza das emocións esenciais, a forte inspiración da natureza salvaxe de ambas, o culto ás baleas coas que comparten unha senda común mimetizándose imaxinariamente na súa dor e afouteza. Este diálogo, a lume lento, é unha volta á etimoloxía antiga da palabra entretemento como exposición das entrañas.

Contos propios e alleos de Lidia, cancións orixinais de Ugia, creacións e recoleccións para un espazo común no que ambas calzan as zapatillas de casa, visten as súas chaquetas de lá e adéntranse “ao mar dos latidos ditos a media voz”. Este verso de Inmaculada Mengibar irá acompañado con outros textos de Luisa Castro, Natalia Alonso, Marilar Aleixandre o Gabriel García Márquez.

Pola noite, ás 22h, teremos unha velada nocturna xuvenil con dinámicas de grupo sobre igualdade, xogos e audiovisuais para que poidamos reflexionar en grupo á vez que pasamos unhas horas divertidas.

Por último o sábado 9, proxectaremos no auditorio municipal “Thelma and Louise” no auditorio municipal.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas