Home Pontevedra Salceda consegue máis de 2500 metros cadrados de chan para equipamentos xunto...

Salceda consegue máis de 2500 metros cadrados de chan para equipamentos xunto ao Centro de Saúde

- Anuncio -

Ademais conséguense máis de 1000 metros cadrados para destinar a vivenda protexida

O Boletín Oficial de Pontevedra publicou o pasado 17 de abril a aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do polígono II do PERI UE-02 de Salceda de Caselas, o que supón a dotación de 2.738 metros cadrados de chan para equipamentos. Deste xeito o Concello conta por fin con terreos nos que poder instalar infraestruturas tan necesarias como un centro de día ou un novo auditorio.
A reparcelación supón ademais a creación de unha área de 1.060 metros cadrados para destinar a vivenda protexida. A intención do equipo de goberno é poder facilitar o acceso á vivenda para a xuventude, para o que se solicitou xa unha xuntanza co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, para abordar esta e outras cuestións importantes para o Concello.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “un dos principais obxectivos era conseguir chan para vivenda protexida dirixida á xuventude, que cada vez ten máis dificultades á hora de atopar vivenda”.
Ademais o polígono contempla a creación de dúas amplas zonas verdes con un total de 5.662 metros cadrados, e complétase con 7.042 metros de chan residencial de promoción privada. Deste xeito as 30 persoas propietarias das parcelas iniciais obteñen chan en condicións de edificar, nunha zona estratéxica na que ata o de agora non podían construír.
Complétase así o desenvolvemento do PERI UE-02, que unha vez executado suporá a apertura da rúa Mártires de Sobredo ata enlazar coa rúa Gándara.
Loli Castiñeira: Vimos de dar un paso moi importante para Salceda; conseguimos chan a través desta figura urbanística especial para dotar de infraestruturas moi necesarias no noso Concello.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas