Home Pontevedra Soutomaior acollerá este 18 de maio a súa primeira ‘Gladiator Kids Race’

Soutomaior acollerá este 18 de maio a súa primeira ‘Gladiator Kids Race’

- Anuncio -

A proba deportiva terá lugar o vindeiro 18 de maio e as inscricións xa están abertas.

O concello de Soutomaior acollerá este vindeiro 18 de maio a súa primeira ‘Gladiator Kids Race’, unha modalidade de carreira de obstáculos para que os máis pequenos e pequenas do noso concello desfruten practicando deporte ao tempo que viven unha auténtica aventura. Soutomaior súmase así a outros concellos punteiros no Estado español nos que tamén se levará a cabo esta proba, como son Ribadeo, Pontevedra ou Logroño.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a técnica deportiva municipal, Raquel Villaverde, presentaron este luns o cartaz desta primeira edición da ‘Soutomaior Gladiator Kids Race’. O evento terá lugar o día 18 no Peirao de Arcade a partir das 16:30 horas. Poderá participar calquera menor que teña entre 3 e 11 anos, e deberá ir acompañado ou acompañada por unha persoa adulta durante o transcurso da proba deportiva. En total hai 250 prazas (sen contar as persoas adultas acompañantes) e as inscricións, que son totalmente gratuítas, xa están abertas na páxina gladiatorraceoficial.es.
Tal e como se explica no regulamento da carreira, haberá dúas categorías: de 3 a 5 anos, cun percorrido de 500 metros; e de 6 a 11 anos, cun percorrido de 900 metros. Só as crianzas superarán os obstáculos, mentres que a persoa adulta acompañante encargarase de dar apoio.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “é un orgullo para Soutomaior que un evento tan importante como a ‘Gladiator Kids Race’ vaia desenvolverse no noso concello. Xa éramos un referente no eido deportivo a nivel comarcal, e agora con este evento damos un paso máis alá e convertémonos nun expoñente do deporte ao nivel de cidades como Ribadeo, Pontevedra ou Logroño”.
“Estou seguro que os pequenos e as pequenas que participen na ‘Soutomaior Gladiator Kids Race’ o pasarán xenial e desfrutarán dunha tarde incrible, nun espazo único como é o Peirao de Arcade e vivindo unha experiencia inesquecible ao tempo que fan deporte. Fomentar o exercicio físico entre as crianzas con actividades saudables é un dos nosos obxectivos”.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas