Home Pontevedra Soutomaior conta, no mes de mrzo, co mellor dato do paro para...

Soutomaior conta, no mes de mrzo, co mellor dato do paro para o concello dende que os rexistros mensuais son públicos

- Anuncio -

Tendo en conta os datos facilitados pola consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia Soutomaior é o segundo mellor concello da comarca en mellorar os datos do paro no mes de marzo, estando soamente por debaixo da cidade olívica.

O concello de Soutomaior conta con 24 parados menos neste mes de marzo en relación o mes de febreiro deste 2024, trátase dunha caída do paro do 4,9% . Unha boa nova que se reflicte nos datos mensuais que comunican dende a consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Estes datos son públicos mensualmente, a través da rede, dende o ano 2017 ano no que Soutomaior contaba con 709 parados, dato que contrasta moito cos 463 cos que conta a día de hoxe.

Con estes datos sobre a mesa, o concello de Soutomaior convértese no segundo mellor concello da comarca en mellorar os datos do paro neste mes de marzo, estando soamente por debaixo do concello de Vigo. Soutomaior conta con 24 parados menos ca no mes de febreiro mentres que concellos da contorna como Ponte Caldelas conta con 8 parados menos, Vilaboa con 1 parado menos, Fornelos con 9 parados máis, Pazos de Borbén con 7 parados menos e o concello de Redondela que conta con 160 parados máis neste mes de marzo en relación, sempre, co mes de febreiro deste 2024.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, está satisfeito con estes datos froito do “traballo diario no que estamos inmersos e da boa xestión que estamos realizando dende a nosa chegada en maio do 2023”. O alcalde ten claro que este seguirá sendo o camiño a seguir “sendo as veciños e veciñas do concello sempre a principal prioridade deste Goberno”.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, tamén amosou a súa satisfacción ante estes datos que poñen sobre a mesa “a boa xestión, a nosa tarefa está agora en seguir traballando e mellorando este resultado mensualmente, e con ese obxectivo seguiremos traballando no noso día a día”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas