Home Pontevedra Soutomaior finaliza varias melloras no CEIP Padín Truiteiro de fronta ao novo...

Soutomaior finaliza varias melloras no CEIP Padín Truiteiro de fronta ao novo curso

- Anuncio -
  • Renovouse o peche perimetral, instalouse un gran circuíto de educación viaria no patio e substituíronse as luces interiores por outras de baixo consumo
  • O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no CEIP Padín Truiteiro de Arcade para satisfacer as necesidades de profesores e alumnos de fronte ao comezo do próximo curso escolar. As tarefas incluían diversas revisións e reparacións nas aulas, patios e elementos de recreo ademais da instalación dun circuíto de seguridade viaria e unha gran renovación no sistema de iluminación.
    A mellora máis importante tiña como obxectivo o reducir o consumo enerxético do centro e facelo máis eficiente. Para iso substituíronse todos os tubos fluorescentes do edificio, algo máis de 400, por outros baseados en tecnoloxía LED de baixo consumo e menor potencia, pero maior luminosidade. Un investimento de case 5.000 euros que, segundo o estudo previo, amortizarase en menos dun ano.
  • Os traballos de mellora continuaron coa renovación do peche exterior do recinto e a instalación dun circuíto de seguridade viaria co que os alumnos poderán aprender as normas básicas de circulación durante os seus recreos e momentos de xogo.
  • Por último, pintáronse aulas e realizouse unha limpeza e actualización do estado da cuberta do edificio principal. Ademais, revisáronse aspectos de habitabilidade fundamentais como a instalación eléctrica, os elementos de climatización, o mobiliario e a grifería dos aseos.
    “Todos os anos realizamos varias melloras no colexio público para atender as peticións dos profesores e garantir que os alumnos poden comezar o curso nas mellores condicións posibles”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, indicando que tamén levaron a cabo varias melloras na Escola Infantil A Galiña Azul e na Escola Infantil de Romariz.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas