Home Pontevedra Soutomaior homenaxea ao escultor Bernado Seoane

Soutomaior homenaxea ao escultor Bernado Seoane

- Anuncio -

O goberno local organiza un acto conmemorativo para o vindeiro domingo, 21 de abril, a partir das 19:30 horas na contorna do campo de petanca de Arcade.

Soutomaior homenaxeará este domingo, 21 de abril, ao escultor e artista local Bernardo Seoane. O acto conmemorativo terá lugar ás 19:30 horas na contorna do campo de petanca de Arcade. No acto proxectarase un documental sobre a obra e figura de Bernardo, realizado polo documentalista ‘Breikus’. Tras a proxección terá lugar a presentación da escultura ‘O camiño das estrelas’, unha obra realizada polo propio homenaxeado e doada ao Concello de Soutomaior. Seguirá unha pequena intervención do alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e unha actuación musical a cargo do Balbuena&Seoane.

O alcalde Manu Lourenzo, sinalou “a fonda gratitude de toda a veciñanza de Soutomaior con Bernardo pola doazón desta escultura, para que todas e todos poidamos desfrutar da súa obra, sempre ligada á vangarda, a natureza, a estética industrial e a tradición”. O alcalde tamén destacou que a escultura ‘O camiño das estrelas’ estará acompañada dunha placa coas seguintes verbas do poeta e veciño de Soutomaior Iago Treus: “Forxador de soños, retais de eternidade nas aristas espidas na mente dun xenio”.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, destacou “a traxectoria de Bernardo Seoane, vencellada ao servizo da arte e a cultura de Soutomaior a través das súas esculturas”. “Bernardo non é só un grandísimo artista. É un veciño do noso concello que coa súa obra leva décadas a deixar unha fonda pegada no imaxinario de toda a veciñanza de Soutomaior”. “Non se pode entender o noso concello hoxe sen ter presente a importancia de Bernardo para a nosa cultura popular. Milleiros de veciños e veciñas de Soutomaior e de Ponte Sampaio temos desfrutado coas súas esculturas ao paso pola ponte medieval, e agora grazas a súa doazón, seguiremos desfrutando de ‘O camiño das estrelas’”, concluíu Manu Lourenzo.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas