Home Pontevedra Soutomaior inicia o segundo proceso de contratación de persoal

Soutomaior inicia o segundo proceso de contratación de persoal

- Anuncio -

O concello contará durante os meses de verán con máis de 20 traballadores na rúa prestando servizos de limpeza, varrido, rozado e albanelería

O Concello de Soutomaior inicia esta semana o segundo proceso de contratación de persoal, polo que se incorporarán ao cadro de persoal 4 peóns forestais, 2 varredores e 1 albanel. Xa en marzo tivo lugar a primeira fase de contratación, na que se incorporaron 6 peóns forestais, 2 varredores, 2 albaneis, un posto de auxiliar administrativo e outro posto de auxiliar de biblioteca. Así, nas vindeiras semanas o noso concello contará con 17 persoas traballando nas rúas. O obxectivo do Goberno de Soutomaior con estes procesos de contratación é dar un mellor servizo á veciñanza.

Ademais, de cara aos meses de verán, Soutomaior incorporará máis peóns forestais e varredores, polo que no período estival o concello contará con máis de 20 persoas levando a cabo labores de limpeza de vías, varrido, rozado de maleza e albanelería. Esta cifra supón un notable incremento con respecto ás 3 persoas coas que unicamente contaba o Concello de Soutomaior en setembro do ano pasado. Unha situación herdada pola xestión do anterior goberno e que facía imposible garantir a mínima eficiencia na prestación de servizos municipais.

A contratación de todo este persoal que se incorporará nas vindeiras semanas correrá a cargo de fondos propios do concello e de liñas de axuda da Deputación de Pontevedra e da Xunta. Neste sentido, e grazas ao traballo das funcionarias municipais e á xestión eficiente do equipo de goberno, Soutomaior accedeu a máis axudas para a contratación de persoal, o que supón un incremento exponencial dos traballadores que prestan servizo á veciñanza de Soutomaior.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “sabemos que é imposible chegar a todos os lugares do concello que precisan de mantemento de maneira inmediata, pero grazas á xestión do equipo de goberno e ao traballo dos funcionarios, hoxe por hoxe Soutomaior é un concello mellor, cun proxecto claro e definido e coa mellor brigada de obras que nunca tivo, que traballa para que a nosa veciñanza desfrute do mellor concello posible”.

Relacionadas

A Suba de prezos pon en risco a sustentabilidade e o futuro da piscina...

0
O BNG de Sanxenxo teme que o incremento de prezos, que  afecta tanto á veciñanza como a persoas empadroadas noutros concellos, reduza o número de...

Rueda destaca a Feira Internacional Abanca Semana Verde como mostra da potencia do rural...

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Feira internacional Abanca Semana Verde como unha mostra da potencia e das oportunidades de futuro...

Ponteareas presenta esta fin de semana a marca textil e Os Chocolates “Vila do...

0
O comercio local poderá vender en exclusiva prendas téxtiles bordadas coa marca Vila do CorpusA hostalaría disporá de chocolates Vila do Corpus para vender...

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, inaugura o X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de inauguración do X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos organizado pola...

A Deputación continúa esta fin de semana co programa “+Convivencia” con saídas de dúas...

0
Serán preto de 130 as persoas que poderán desfrutar das excursións o sábado e o domingo, 54 da Asociación A Costa de Silleda e...

O Porriño sae á rúa para visibilizar o Día Mundial sen Tabaco

0
● O 31 de maio o Concello de Porriño en colaboración co Centro de Saúde e a AECC O Concello do Porriño, en colaboración co...

Publicacións Relacionadas