Home Pontevedra Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

- Anuncio -

O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que fará que “Soutomaior conte con máis persoas ca nunca na limpeza, desbroce e coidado do noso concello”.

O operativo de limpeza estivo hoxe no barrio de Comboa, tamén en Sameán, na Devesa e en Alxán. Tamén estiveron presentes xa en Romariz, O Val, Lourido, A devesa, Arcade de Riba, nos parques infantís e as zonas de baño da Veiguiña Longa e a Xunqueira de Arcade. Con todo, a limpeza do concello de Soutomaior continúa nestes días de maneira intensa , un sistema que foi posible grazas á contratación de persoal que se fixo no concello nas últimas semanas.

Ademais deste persoal, Soutomaior agarda incorporar ao operativo de limpeza o camión de desbroce e unha nova contratación de 9 operarios que se efectivizará nas vindeiras semanas.

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, ten claro que “traballamos para que o concello poida estar na mellor das condicións posibles e por iso apostamos por facer un esforzo na contratación de persoal para que, en Soutomaior, teñamos máis persoas que nunca na limpeza, desbroce e coidado do noso concello. É unha aposta que traerá unha mellora importante e que nos axudará a mellorar no control da maleza que con este tempo, e velocidade de crecemento, sabemos que non é unha tarefa doada”.

Dende o concello solicitan á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra que se fagan cargo da limpeza e acondicionamento das rúas que dependen destas administracións públicas, para así e deste xeito, que a veciñanza poida desfrutar do concello no mellor estado.

O proceso de desbroce en Soutomaior terá un operativo especial entre os meses de maio e outubro no que contará con máis de 20 persoas na rúa para labores de desbroce e de limpeza. O obxectivo é claro, “ter o concello na mellor das condicións posibles”.

Neste sentido o alcalde pediu colaboración á veciñanza para que entre todas e todos poidamos ter o concello no mellor estados, Manu Lourenzo trasladou á veciñanza que “non se pode limpar todo o concello nunha semana, pero este operativo chegará a todos os barrios do concello e terá máis presenza ca nunca”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas