Home Pontevedra Soutomaior préparase para unha Festa da Ostra máis inclusiva e para todas...

Soutomaior préparase para unha Festa da Ostra máis inclusiva e para todas as persoas

- Anuncio -

O mal tempo obriga a adiar a Carreira da Ostra, que se desenvolverá nas vindeiras semanas.

A XXXVI Festa da Ostra de Arcade será unha edición moi especial, xa que será a primeira que se desenvolva ao abeiro do programa ‘Soutomaior Inclusivo’, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Soutomaior co obxectivo de garantir a inclusividade e a igualdade en todas as actividades municipais.

Neste sentido, levaranse a cabo diferentes iniciativas e medidas durante os días que transcurra a festa (5, 6 e 7 de abril) que permitirán que todas as persoas, sexa cal sexa a súa condición, poidan desfrutar ao 100% da Festa da Ostra. Unha das principais medidas que se levará a cabo é a instalación dun punto de apoio permanente que prestará axuda ás familias con menores con diversidades funcionais. Neste punto, situado a carón do dispositivo sanitario e de seguridade, facilitaráselles información sobre ‘Soutomaior Inclusivo’.

Tamén se lles prestarán cascos antirruído para que poidan desfrutar da zona de recreativos e da tirada de foguetes. Ademais, na zona de recreativos haberá horarios ‘sen ruído’: o venres 5 de abril de 18:00 a 19:00; o sábado 6 de 12:00 a 13:00 e de 18:00 a 19:00; e o domingo 7 de 13:00 a 14:00 e de 18:00 a 19:00. Por outra parte, no punto de apoio ‘Soutomaior Inclusivo’ tamén se atenderá ás familias con menores con diversidade funcional para que non teñan que facer cola nas atraccións.

En canto á zona da carpa principal, onde se levarán a cabo os concertos das orquestras o venres e o sábado e a lectura do pregón o domingo, habilitarase unha plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar de maneira cómoda e accesible. Ademais, na lectura do pregón haberá unha persoa interprete de signos. Tamén para as persoas con mobilidade reducida habilitarase un aparcadoiro xunto á rotonda da Ostreira, sinalizado no Plan de Tráfico que o Concello de Soutomaior compartiu nas súas redes estes días.

A Carreira da Ostra, adiada

Debido ás previsión meteorolóxica para esta fin de semana en Soutomaior, o Goberno de Soutomaior tomou a decisión de adiar a Carreira Infantil da Ostra. Nos vindeiros días o Concello informará da nova data para a celebración deste evento deportivo tendo presente a previsión do tempo.

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas