Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará nunha concentración para...

O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará nunha concentración para demandar melloras na accesibilidade e seguridade na N-541 en Calvelo (Cerdedo-Cotobade)

- Anuncio -

A concentración terá lugar o sábado 23 ás 12 fronte ao almacén de Celso Míguez en Calvelo

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, cumprindo co compromiso adquirido cos veciños e veciñas de Calvelo, deu conta das iniciativas que a organización nacionalista presentou tanto no Concello como no Congreso demandando a urxente mellora na accesibilidade e seguridade da N-541 ao seu paso pola parroquia.

Neste sentido, desde o BNG demandamos:

Un paso elevado que permita a comunicación dos dous lados de Calvelo
A creación dun carril de incorporación dirección Ourense á altura do café Obelix
A creación dunha plataforma peonil paralela á estrada, que garanta o acceso seguro dende Calvelo até Tenorio, onde se atopan os servizos básicos coma o supermercado, a carnicería, o centro de saúde ou os centros escolares.

Por se fose pouco, o estreito arcén da estrada e unha marquesiña que se asulaga cando chove crean problemas engadidos non só de accesibilidade, senón tamén de seguridade, de forma especial para os nenos e nenas e para as persoas maiores que utilizan este arcén e a marquesiña.

O BNG -anunciou Filgueira- “vai seguir insistindo con todas as nosas forzas até lograr que o ministerio de Fomento poña solucións aos actuais problemas de accesibilidade e seguridade na N-541 en Calvelo”.

Por este motivo, O BNG convoca unha concentración á que anima a todos os veciños e veciñas a asistir, para o vindeiro sábado 23 ás 12 da mañá fronte ao Café Obelix, que contará coa participación do deputado no Congreso, Nestor Rego. “Entre todos e todas conseguiremos un Calvelo máis seguro e accesíbel”, afirmou Ernesto Filgueira.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas