Home Tabeirós A Estrada López anuncia que o Concello fará unha reforma integral das piscinas municipais...

López anuncia que o Concello fará unha reforma integral das piscinas municipais para mellorar a súa eficiencia

- Anuncio -

o Os técnicos municipais estudan reconverter o vaso grande, de 50 metros de longo por 25 metros de ancho, en dous de menores dimensións, e a instalación de novas tubaxes

o “Con estas importantes melloras reducirase considerablemente o consumo de auga e a veciñanza poderá volver a gozar dunhas instalacións á altura das súas expectativas”, asegura o alcalde

O alcalde da Estrada, José López, avanzou esta mañá que o Concello levará a cabo unha reforma integral das piscinas municipais, logo de reunirse con técnicos municipais para avaliar o estado das instalacións e determinar as actuacións que se deberán acometer.

O rexedor local explicou que, “despois de levar máis de 25 anos sen que as piscinas municipais sexan obxecto de melloras estruturais”, durante o encontro mantido cos técnicos constatáronse varias deficiencias e perdas de auga na piscina olímpica, e engadiu que “desde o Concello non imos permitir nin por funcionalidade nin por eficiencia continuar cunhas instalacións neste estado”.

As actuacións plantexadas centraríanse no vaso de maior capacidade, de 50 metros de longo e 25 metros de ancho, e consistirían en converter esta piscina olímpica en dous vasos máis pequenos: un deles de 25 metros de longo por 12,50 metros de ancho, e o outro de 16 metros de longo por 8 metros de ancho. Esta mellora conlevaría un importante aforro, xa que dos arredor de 2.000 metros cúbicos de auga que son empregados na actualidade para encher a piscina olímpica, coa construción dos dous novos vasos só se precisarían 700.

Ademais, tamén permitiría aumentar a oferta aos usuarios ao dispoñer dun novo vaso intermedio de menor profundidade. Os traballos completaríanse co cambio de todo o sistema de circulación da auga.
“Con estas importantes melloras reducirase considerablemente o consumo de auga e a veciñanza poderá volver a gozar dunhas instalacións á altura das súas expectativas”, asegurou o alcalde.

Co fin de ter executados os traballos antes do próximo verán, López avanzou que unha vez finalizado o informe dos técnicos municipais haberá unha proposta firme de actuación no mes de outubro e “intentarase axilizar o procedemento o máximo posible” para comezar coa licitación das obras durante este ano. “Aproveitaremos este proxecto para engadirlle valor a unhas instalacións que funcionan moi ben durante a tempada estival e que, xunto con outros espazos como a praia fluvial de Liñares, completan unha oferta moi interesante para a veciñanza no verán”, remarcou López.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas