“Baiona Lila 8M” tamén irá ás parroquias de Baiona con talleres “Construíndo igualdade”. Esta actividade dirixida a nenos e nenas de 10 a 12 anos terá lugar na Casa de Montes de Baíña este sábado 16 de marzo ás 17:00h. O domingo 17 de marzo ás 12:30h ao centro cultural de Belesar para público infantil de 7 a 9 anos. A seguinte fin de semana, o sábado 23 de marzo, será ás 17:00h no centro cultural de Baredo para nenos e nenas de 5 a 6 anos.
Para participar nestes talleres é necesaria a inscrición previa chamado ao 986357552.

