Home Pontevedra O Salnés Telmo Mrtín afoga á veciñanza de Sanxenxo cunha nova suva de taxas

Telmo Mrtín afoga á veciñanza de Sanxenxo cunha nova suva de taxas

- Anuncio -

O BNG de Sanxenxo carga contra o Goberno do Partido Popular por continuar encarecendo servizos e prestacións 

Os nacionalistas lembran que a actualización de prezos da piscina e das Escolas de Música e de Arte, así como da ludoteca, súmase ao incremento de impostos como o IBI ou o de vehículos, co único obxectivo de “pagar as sentenzas urbanísticas que son consecuencia da política de cemento e formigón do alcalde” 

O grupo municipal do Bloque  Nacionalista Galego de Sanxenxo acusa ao alcalde, Telmo Martín, de  afogar á veciñanza de Sanxenxo coa nova suba de taxas que aprobará  no Pleno ordinario do vindeiro luns. Un novo golpe aos aforros dos  veciños e veciñas, que se suma ao incremento de impostos como o IBI  ou o de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). “O señor Martín segue  implacable á hora de conseguir que as nefastas consecuencias da súa  política de cemento e formigón sexan asumidas pola cidadanía”, criticou  o voceiro do BNG, Fran Leiro. 

Leiro lamenta que o Goberno do Partido Popular continúe encarecendo  o prezo dos servizos, que en moitos casos “son prestacións que se atopan con ifraestructuras nas que se levan anos demandando  actuacións”. O concelleiro nacionalista pon como exemplo a situación da  piscina municipal de Baltar, onde moitos usuarios e usuarias veñen de  denunciar deficiencias nas instalacións, como as humidades e vías de  auga detectadas no ximnasio. Un feito especialmente grave, tendo en  conta que, precisamente, a piscina é un dos servizos que  experimentará un maior incremento. “O señor Martín minte cando  afirma que esta suba non afectará ás persoas empadroadas en  Sanxenxo”, advirte Fran Leiro, que recorda que, por exemplo, a cota de alta pasará de 10 a 15 euros para todas as persoas que se queiran  inscribir como socios ou socias. Tampouco hai que esquecer o  encarecemento do bono de 15 pases, que pasará dos 33 euros actuais  aos 45 para un gran número de usuarias e usuarios.  

Desde o Bloque, lembran, asemade, que esta suba tamén afectará ás  Escolas de Música e de Arte ou á ludoteca. “Apenas levamos un ano de  mandato e as familias de Sanxenxo van ter que facer fronte a unha  maior presión fiscal promovida polo señor Telmo Martín”, denuncia Fran  Leiro, que ten claro que o alcalde non variará esta liña de incremento  de impostos e taxas, “a pesares de que en maio de 2023  comprometeuse a baixar os impostos. Non só non os reduciu, senón  que non deixa de aumentalos”, apuntou o concelleiro nacionalista, que  tampouco esquece o obxectivo do Partido Popular de incrementar a  recadación a través dunha nova ordenanza fiscal para regular os vados.  “Un ‘decretazo’ que xa estaban padecendo algúns veciños e veciñas e  que foi freado pola denuncia pública feita polo Bloque Nacionalista  Galego”. 

Por último, Leiro incidiu no feito de que o encarecemento dos servizos  “é a única ferramenta que sabe utilizar Telmo Martín para poder facer  fronte ás sentenzas urbanísticas desfavorables e para poder asumir o  incremento do seu soldo e os do equipo de Goberno do Partido  Popular”.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas