Home O Salnés Cambados Tres, a longametraxe gañadora dos premios Mestre Mateo chega a cinco concellos...

Tres, a longametraxe gañadora dos premios Mestre Mateo chega a cinco concellos da provincia

- Anuncio -

O Ciclo Mestre Mateo promove a presentación desta filme nos concellos de Poio, Forcarei, Redondela, Cambados e Ponteareas os días 12, 18 e 19 de novembro

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará o días 12, 18 e 19 de novembro as proxeccións da súa sétima sesión coa presentación nos concellos de Cambados, Poio, Forcarei, Redondela e Ponteareas da película Tres, galardoada nos XX Premios Mestre Mateo como mellor longametraxe, mellor interpretación feminina de reparto con Marta Nieto e mellor son. Por outra banda, este filme tamén optaba a outros premios como mellor dirección de arte, mellor dirección de produción e mellor guión.

A proxección de Tres terá lugar este sábado 12 de novembro ás 20:00h no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados, o día 18 as 21:00h no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Poio. Día 19 será en 3 concellos: ás 18:00h no Multiusos de Soutelo de Montes de Forcarei, ás 19:30h no Multiusos da Xunqueira de Redondela e ás 20:00h, na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas.

Tres, dirixida por Juanjo Giménez é un thriller psicolóxico que conta a historia de “C” unha deseñadora de son de mediana idade que goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando no estudo, que é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa ex parella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, está comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comeza a procesar o son máis tarde que as imaxes. Coa ameaza de poder perder o seu traballo, este problema termina de poñer a súa vida do revés.

O ciclo, que busca dotar ós concellos dunha programación estable de cinema en galego, leva exhibindo durante o ano o resto das películas premiadas e finalistas de 2022, (O gran camiño, A virxe roxa, A poeta analfabeta, Welcome to ma maison, Cuñados e Malencolía) polo que aínda queda por proxectarse a última das finalistas a mellor longametraxe, Jacinto .

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas