Home Pontevedra Baixo Miño Tui celebrará a 1ª San Silvestre Solidaria en favor da Asociación Española...

Tui celebrará a 1ª San Silvestre Solidaria en favor da Asociación Española contra o Cancro

- Anuncio -

Mañá xoves, 1 de decembro, abre a inscrición. Constará dun percorrido de 5 quilómetros, chocolatada, badaladas de pre Fin de Ano e agasallos.

Tui despedirá o ano 2022 cunha proba deportiva, lúdica e sobre todo solidaria. O 31 de decembro, dende ás 10.30 da mañá celebrarase a 1ª San Silvestre Solidaria con inscricións de balde e na que todo o recadado en doazóns irá destinado a apoiar o labor da Asociación Española contra o Cancro no Baixo Miño.

A proba contará cun percorrido polo centro urbano e histórico de Tui de 5 quilómetros en modalidade de carreira e andaina, asumible para todas as persoas tanto se son deportistas asiduos ou non. Ademais do carácter deportivo, a proba ten un tradicional carácter festivo e lúdico por ser o preludio das celebracións de Fin de Ano e Aninovo e na edición tudense non será menos. Logo da carreira haberá chocolatada con rosca e posteriormente, no Paseo da Corredoira e na Praza da Inmaculada celebraranse unhas badaladas de pre Fin de Ano con entrega de agasallos para os participantes.

Esta mañá tivo lugar a presentación do evento na Casa do Concello de Tui coa presenza de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, Laura Solla, vicepresidenta do Club Atletismo Tui como organizador do evento, Pilar Barbosa, delegada, e Alejandro Rodríguez coma representantes da Asociación Española contra o Cancro no Baixo Miño, e Carmen González, traballadora social do Concello de Tui.

Para Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, a proba terá un claro carácter festivo e solidario que “de seguro contará cunha boa participación” logo de ter que ser adiada o pasado ano pola covid. Laura Solla, vicepresidenta do Club Atletismo Tui, explicou os detalles da proba, subliñando que será un percorrido para o desfrute de todos os públicos, no que primará “pasalo ben e despedir o ano facendo deporte entre amigos” e que amais suporá poder axudar ao labor da Asociación Española contra o Cancro na nosa comarca.

Por parte de AECC, a súa delegada no Baixo Miño, Pilar Barbosa, quixo subliñar que sempre tenden a man para colaborar en todas as probas e eventos de carácter solidario que permitan difundir o seu labor. Recordaba asemade que, amais de poder colaborar con eles no momento de realizar a inscrición, quen o precise pode contactar coa asociación nos teléfonos 900 100 036 (24 horas todos os días da semana), 647 771 998 ou nas oficinas situadas no Concello do Rosal. Pola súa banda, Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, tamén destacou que será unha xornada de festa en Tui para despedir o ano “facendo deporte, entre amigos e axudando” ao labor que realiza a AECC.

Do mesmo xeito pechou o acto Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense mostrouse seguro de que a carreira rexistrará un bo número de participantes “como sempre é habitual nas probas que organiza Tui”, mesmo contando con corredores doutros lugares. Asemade, quixo reiterar a gratitude á organización e á Asociación Española contra o Cancro, á que tendeu a man para seguir apoiando dende as institucións públicas.

As inscricións para a 1ª San Silvestre Solidaria ‘Correr e Andar’ de Tui estarán abertas mañá xoves, 1 de decembro, e ata o 28 ás 00:00h na web https://clubatletismotui.wordpress.com. Serán de balde e con opción de realizar a doazón desexada no momento de inscrición que irá destinada integramente á Asociación Española contra o Cancro.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas