- A ruta terá lugar o sábado 17 de outubro polo río Gorgua, en Padrenda
A ruta polo río Gorgua, no concello ourensá de Padrenda, é a última andaina que terá lugar o sábado 17 de outubro de 2026 e que está organizada pola Concellería de Eventos Deportivos do Concello da Guarda.
Esta actividade organizase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo cun recorrido duns 11 km. A saída será dende o aparcadoiro da Sangriña e o regreso está previsto ás 18:00 horas.
A ruta polo río Gorgua recorre o concello de Padrenda polo que os participantes poderán coñecer a paisaxe de outono no sur da provincia de Ourense. Destaca especialmente un tramo de “bosque feiticeiro” entre as ribeiras do río Gorgua e Esmoriz, e os saltos de auga ou corgas, como son coñecidos na zona, que outrora eran aproveitados en varios muíños.
A ruta complétase recorrendo varias aldeas do entorno e na que se viven momentos idílicos e de plena conexión coa natureza.
As persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar esta distancia que conta con certa dificultade polo desnivel. O prezo da actividade é de 20 euros por persoa.
Máis información e inscrición na Casa do Concello (terceira planta) ou ben a través Dun correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 61 45 46, aínda que se priorizará a inscrición presencial.

