Unha decena de “Barcos Tolos” e 54 tripulantes levaron as risas a un “Flota como Poidas”

Redacción

As ‘pseudoembarcacións’ sairon desde a rampla da Foz aproveitando a marea alta e, ao rematar,  foi o concerto de ‘Stoned at Pompeii’

Unha decena de ‘barcos tolos’ e 54 tripulantes fixeron rir este domingo a milleiros de persoas na tradicional concentración de “artefactos flotantes” do Concello de Nigrán chamada ‘Flota Como Poidas’. O evento, que tivo lugar desde as 18:00 horas na Foz (ao carón do escenario ao aire libre) e foi presentado polo Pallaso Popín volveu a demostrar o seu carácter humorístico.
O premio ao artefacto flotante máis ‘currado’ recaeu en ‘Os Chuzas en busca de Terians’, que tiña entre os seus tripulantes ao veterano do evento con preto de 60 anos, mentras que ‘Pato Parato’ tiña o maís cativo, con 9 anos. O máis cutre foi para ‘Cutrellas’ facendo honra ao seu nome; o premio ‘Titanic’ (para o primeiro en afundir) foi para ‘Viaje al país de nunca jamás’; a tripulación máis simpática recaeu en ‘Sorpresa’ e ‘La granja de Loli’ levou premio especial por precisar rescate.
A tarde rematou co concerto ao aire libre da banda viguesa ‘Stoned at Pompeii’

Comparte este artigo