O Desfile realizarase o día 16 de febreiro e o prazo de inscrición estará aberto entre o 1 e o 6.
O Entroido se transforma na Guarda neste 2024 incorporando importantes novidades tanto na data, no percorrido como nas características das categorías participantes.
Así o desfile realizarase o venres 16 de febreiro ás 20:00h. Inaugurando un novo percorrido entre a Alameda e a Rúa do Porto, que transcorrerá por Concepción Arenal.
A participación no desfile en cada unha das categorías estará compensada cunha axuda á participación á que poden optar as 10 primeiras Comparsas ou Carrozas, así como os 5 primeiros grupos en inscribirse. Podendo ser ampliada esta axuda a mais agrupacións sempre que haxa crédito dispoñible
Os interesados en participar poderán anotarse entre o 1 ao 6 de febreiro a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral, no caso de persoas físicas. As categorías de participación serán:
• CARROZAS, deben ter un mínimo de 15 participantes representando un tema, dos cales 5 deberán estar enriba dun móvil.
• COMPARSAS, un mínimo de 20 participantes representando un tema e acompañados de música
• GRUPOS, deberán estar compostos por un mínimo de 10 persoas e un máximo de 15.
As bases están dispoñibles para a súa consulta no taboleiro de anuncios da sede electrónica, e na web municipal: https://www.aguarda.es/publicadas-as-bases-para-participar-no-desfile-de-entroido/
ACTIVIDADE: DESFILE DE ENTROIDO
LUGAR: A Guarda: Alameda – Concepción Arenal – Porto da Guarda
DATA: 16 de febreiro de 2024
HORA: 20:00h.
ORGANIZA: Concello da Guarda

