Home Vigo Mos Xa se atopan traballando os 11 novos operarios que reforzan o servizo...

Xa se atopan traballando os 11 novos operarios que reforzan o servizo de limpeza viaria en Mos

- Anuncio -

–          O Concello contratou a unha empresa e traballadores de reforzo grazas a unha axuda provincial de máis de 270.000 euros

–          Alcaldesa e concelleiros de Medio Ambiente, Persoal e Servizos Públicos recibiron aos operarios contratados mediante as subvencións correspondentes ás liñas 2 e 3 do Plan +Provincia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a edil de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, o de Persoal, Leo Costas, e o concelleiro de Servizos Públicos e Limpeza Viaria, Baldomero Lorenzo, déronlles a benvida no Concello aos novos traballadores que xa están a facer labores de limpeza viaria e que foron contratados polo Concello de Mos grazas á concesión de sendas subvencións do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, mediante as que a administración provincial apoia ao Concello con 272.000 euros para levar a cabo durante o presente ano o servizo de limpeza viaria e desbroce de cunetas.

As axudas corresponden á liña 2 do devandito plan, que destina 90.000,01 euros ao financiamento de “Servizo de desbroce, limpeza de cunetas e marxes de camiños municipais en Mos” mediante a que se contratou a unha empresa que destina 3 traballadores ao servizo: 2 operarios e 1 condutor. E á liña 3 que destina 182.003,28 € á contratación de 12 operarios, 8 dos cales son peóns forestais adicados a labores de limpeza viaria e desbroce.

A liña 2 está destinada a financiar o gasto corrente da prestación dos servizos que se estimen necesarios para desenvolver prestacións e obras puntuais que non teñan a consideración de investimentos. A liña 3 está destinada á activación do emprego mediante a contratación de persoas desempregadas para realizar obras e servizos de interese xeral e social de competencia municipal e xestionados mediante a concesión de subvencións aos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes.

A contratación de traballadores que o Concello de Mos realizou grazas á liña 3 do Plan +Provincia ascende a un total de 12 persoas: 8 peóns forestais, 3 peóns de construción e 1 oficial 2ª albanel a xornada completa durante 8 meses que supoñen 185.763,32 € de orzamento total; dos cales 3.760,04 € son de achega municipal e 182.003,28 € de subvención provincial.

O servizo de desbroce e limpeza viaria levarase a cabo nas 10 parroquias e incluirá labores de sega, desbroce e limpeza de cunetas que afectan ás marxes dos camiños municipais. As tarefas a realizar comprenden a limpeza e roza de cunetas, beiravías e noiros ata deixar libre todo o pavimento da calzada, incluíndo o tratamento dos residuos e a retirada a vertedoiros autorizados.

Especificamente realizaranse os seguintes traballos:

– A limpeza de cunetas e canles nos laterais dos camiños municipais que impiden a normal circulación das augas superficiais e pluviais.

– A roza dos laterais dos viais ata a altura que requira cada unha das zonas a limpar tendo en conta as súas características específicas.

– A reposición ao seu estado orixinal nas zonas onde existan cunetas de terra, manualmente ou con maquinaria adecuada.

– A retirada e limpeza nas cunetas de formigón dos materiais que impidan a evacuación das augas.

– Ademais do corte de matogueiras e malas herbas, deberá recoller todos os residuos existentes na zona na que se actúe tales como ramallada, plásticos, botes, botellas, etc…

– Os residuos e maleza xerados pola roza e limpeza retiraranse, como máximo, ao día seguinte e serán depositados en vertedoiros autorizados. Estes vertedoiros serán sempre por conta do propio contratista.

– Tratamento adecuado da maleza, materiais e residuos que resulten dos traballos que se realicen polo adxudicatario que deberá darlle a cada un dos tipos de residuos o tratamento separado e individualizado que esixe o cumprimento da normativa medio ambiental.

– A sinalización para a execución dos traballos deberá cumprir estritamente a normativa vixente para este tipo de traballos na vía pública, sendo de conta do adxudicatario o custo de todos os elementos necesarios de sinalización.

Anualmente o Concello de Mos pon en marcha este servizo co fin de evitar o efecto prexudicial que a vexetación ocasiona nas estradas, non tan só na vida do firme, polo feito de impedir unha rápida evacuación das augas, senón tamén polas graves dificultades que orixina o tránsito como consecuencia da redución da visibilidade que ocasiona.

O Servizo de Mantemento do Concello de Mos realiza de maneira permanente traballos de limpeza co obxecto de proceder a eliminación da vexetación herbácea e arbustiva que medra tanto nas cunetas como nas zonas contiguas.

Medios propios municipais que precisan de ser complementados para prestar un servizo eficiente de desbroce e limpeza de cunetas e marxes de camiños municipais. Polo que resulta necesaria a contratación destes medios externos, tanto humanos como dunha empresa que reforce o servizo do Concello de Mos nas 10 parroquias.

As grandes problemáticas xeradas polo exceso de maleza son a diminución de ancho da estrada que a vexetación causa o condutor e o posible desencadeante de incendios forestais nas áreas de influencia das vías de comunicación.

Por todo isto contratouse o servizo dunha empresa e máis medios humanos para o Concello.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas