Home Pontevedra O Salnés Xabier Rodríguez: “Debemos crear novos espazos de lecer para a cidadanía e...

Xabier Rodríguez: “Debemos crear novos espazos de lecer para a cidadanía e para o turismo de natureza e sendeirismo”

- Anuncio -

Vilagarcía merece impulsar o seu potencial turístico da man dun consorcio que sume a participación do concello coa empresarial e doutras institucións

O candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, diante do repto turístico e do seu potencial económico considera que “o turismo representa una parte moi acentuada da xeración de riqueza local e do noso emprego. É unha actividade de negocio mercantil que produce cada vez máis retorno económico no territorio. Unha política turística responsábel debe coñecer e manexar datos e fixar obxectivos. Saber o que o turismo pode dar mais tamén desde que punto o turismo quita”.

Precisamos modelos turísticos responsábeis, ordenados e pactados socialmente, capaces de xerar emprego mais que non lastren en favor das economías sectoriais as precarias economías municipais nin cargas que non se poden asumir pola poboación residente.

O turismo é economía, e como tal debe pactarse cos sectores implicados, mais tamén debe formar parte transversalmente das políticas municipais, para planificar as oportunidades mais tamén as solucións aos problemas que a actividade turística causa habitualmente.

A sustentabilidade, a calidade en destino, a protección do medio e do patrimonio, a promoción dos valores culturais, a economía circular e a xeración de oportunidades laborais de calidade para a poboación residente deben ser os eixos fundamentais nos que organizar unha oferta diversa e diferenciada da de outros lugares, que axude a equilibrar o territorio.

Por iso, Vilagarcía merece unha política turística que poña en valor todo o potencial que aporta a súa privilexiada situación territorial, o medio natural e os equipamentos ou as súas infraestruturas como núcleo de habitantes máis extenso dunha comarca que é referente na calidade do turismo actual. Aínda así, cabe moito percorrido á hora de ampliar actividade e negocio no que debe ir da man o impulso público e a iniciativa privada que se beneficia del de xeito directo. Para iso, é necesario crear un ente participativo, un consorcio como figura xurídica que pode promoverse baixo a marca TurVilagarcía, ou a que resulte máis axeitada, na que sería xusto que, ás asociación representativas do empresariado local e á do concello, se sumasen as que operan no ámbito provincial (Turismo Rías Baixas) e galego.

Un plan estratéxico debería contemplar a comercializar de forma especializada os produtos turísticos nos mercados de demanda, afianzando e xerando unha dinámica permanente de comercialización mediante a creación de ofertas diversificadas; así como permanentemente procurar dotar de contexto á oferta turística e patrimonial como parte da rica cultura galega.

Obviamente, no medio natural, as praias teñen un papel importante, malia que poñen foco estacional no uso, porén estas necesitan de preservación e coidado perante todo o ano de xeito que non diminúa a volume da súa area (Campanario-Bamio e Preguntoiro-Vilaxoán), se complete o plan anunciado de erradicación do “cadillo” (Compostela) e se incorporen outros pequenos recunchos que precisan ser acondicionados (Pedra do Pico, Bamio).

Así e todo, no ámbito medio ambiental está un poderoso sistema de creación de novos espazos de lecer para a cidadanía; e por extensión, de oferta para o turismo de natureza e de sendeirismo que cubre as épocas de máis baixa demanda, con intervencións que representan costos moi baixos ou permiten incorporar a programas de subvención pública:
✓ A senda peonil que debe completar o percorrido entre Vilaxoán e a enseada de O Rial.
✓ A senda peonil pola beira do río Ulla que debería enlazar coa prevista polo de Catoira.
✓ Una senda peonil que percorra a canle do Río Con, en todo o seu tramo posíbel.
✓ Un proxecto que configure unha potente área natural e de lecer, unindo nunha relación de continuidade temática ao Encoro do Río Con (Castrogudín) coa ruta pola beira do río ata o Espazo natural de Fontefría e o futuro Parque de Arte Rupestre do Monte Xiabre; incluído a posibilidade de construír “pasadizos” para algún tramo.
✓ O deseño dunha proposta de Parque EtnoNatural que amplíe o actual Parte da Coca coa recuperación e posta en uso lúdico e pedagóxico do conxunto de Muíños da Laxe que aínda poden ser restaurados creando un potente centro de interese didáctico.
✓ Posta en valor, coa recuperación dos (10) Muíños de Bamio e creación de ruta.
✓ Reordenación do espazo territorial que comparten o Parque E. Valdés Bermejo (Botánico), o do Castro Alobre (incluído o xacemento arqueolóxico) e a futura
intervención que debe realizar nas parcela da rúa Valle-Inclán para unificar proposta de usos didácticos, unha vez sexa restaurado á súa necesaria situación de usos.

Aínda máis, Vilagarcía debería mirar ao potencial que representa unha futura incorporación ao uso público da área formada pola Lagoa de Comboa e o seu entorno de valor patrimonial; e tamén a posibilidade de adquirir a finca e casona da chamada Mansión dos Duques de Terranova, con 37000 metros cadrados dun bosque singular, base para un macro-parque.

A sustentabilidade ambiental supón o compromiso da presente xeración cara a xeracións vindeiras, xorde de asumir a responsabilidade en que o patrimonio natural, as paisaxes, os territorios e o medio sexan respectados, protexidos e preservados. Favorecer a combinación de usos, a rexeneración de espazos degradados limitando así a perda de ecosistemas e os seus servizos. Impulsar unha ordenación territorial intelixente que prime maiores densidades de poboación e potencie a combinación de usos, coa rexeneración do solo.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas