Home O Salnés Cambados Xestión do conflito Portos-Concello

Xestión do conflito Portos-Concello

- Anuncio -

Estos días presentouse en Cambados o xa tradicional mercado das flores. Nesta edición, repite en Fefiñáns. O seu custo, en loxística e celebración, é de 10.000 €, segundo manifestou o concelleiro de Economía e Facenda. Para o BNG, estaría mellor no Salón Peña, maila custar 50.000 € en taxas a Portos de Galicia para o seu uso ao longo do ano.

No BNG somos conscientes desta actitude mercantilista da Xunta de Galicia. Dende fai anos vímola denunciando, e actuando políticamente en consecuencia. Estando na oposición, presentamos unha moción no pleno municipal solicitando a desafección dos terreos portuarios sen uso. A petición foi aprobada por maioría, mais o goberno popular non a elevou á Xunta de Galicia. Cando o BNG entrou no Goberno, no anterior mandado, o Teniente de Alcalde, e Voceiro municipal do BNG, asinanou a solicitude e remiteulla á Xunta de Galicia, iniciando así o proceso de forma oficial. O BNG promoveu a desafección, iniciou o proceso, e traballará ata que se consiga.

Portos recruou a súa actitude; maila que, cando gobernaba o Partido Popular, permitía o uso gratuito do Salón Peña para actividades sen relación co mar, ao perder a alcaldía represaliaron aos veciños de Cambados esixindo que se cumprise o convenio de cesión ao pe da letra, pasando a cobrar por aquelas.

Ante esta actitude, o actual bipartido de Cambados, ao chegar ao goberno acomodouse nunha relación de confrontación con Portos. E o único que está a conseguir é prexudicar as arcas municipais, e ós colectivos e veciños que desfrutaban das instalacións.

Escusándose nas taxas que se terían que pagar, pero calan os custos que supoñen a cambio. Evitar usar o Salón Peña para o mercado das flores é un claro exemplo. O Goberno prefire gastar 10.000 € por usar unha carpa tres días, por non pagar 50.000 € anuais por usar o Salón Peña durante todo o ano, sen límite para calquera actividade. Máis de 3.000 € diarios fronte a menos de 140 € ao día. Un custo superior, e as instalacións infrautilizadas. É un dispendio que evidencia a falta de xestión dos recursos municipais.

A segunda fronte desta xestión é o famoso cambio de posición do mercado. Enchéronse páxinas e páxinas na prensa, co Concelleiro proclamando unha e outra vez que moverían o mercado para dinamizar as rúas do casco urbano, e deixar de pagar as taxas portuarias.

Pero deixárondo onde estaba. E ocuparon, ademáis, a rúa Nova. Agora seguimos pagando as mesmas taxas, e por riba temos outra rúa fechada ao tráfico os días de feira. E, as rúas que conflúen a ela, quedan tamén bloqueadas e sen uso.

A terceira mostra é o malogrado palmeiral da Calzada. Sobre a súa falta de coidado, xa nos viñeramos manifestamos en contra das actuacións do goberno. Finalmente, conseguiron arruinar un espazo emblemático de Cambados. Todo por non querer pagar o tratamento do picudo para as palmeiras, escudándose en que eran de Portos. Para, ao final, ter que gastar o que non gastaron en tratamento para mercar e plantar outras palmeiras, doutra especie, e no mesmo terreo.

Estras tres áreas fallidas evidencias que a “alta xestión” da que presume o Goberno non se ve por ningures. Nin aforro económico, nin dinamización do casco histórico, nin melloras dos servizos aos veciños. E, no canto de asumir a responsabilidade, só saben escusarse en que “non facemos porque non nos deixan”; constantemente culpando aos demáis, e buscando inimigos para xustificar a súa ineficacia. Os cambios e accións que fixeron e fan para manter viva o conflicto con Portos van nesa liña.

Ningúen vai a explicarlle ao BNG como actúa o Partido Popular. Sabémolo, e levamos décadas opoñéndonos e ofrecendo alternativas. Pero tamén sabemos que as diferentes administracións públicas poden e deben chegar a acordos, con independencia da cor política que as xestione. A actividade política tense que facer pensando na veciñanza, non na propaganda.
E este é un goberno fallido orientado á propaganda. Avisámolo desde o primeiro momento.
Sen o peso político e organizativo do BNG para impoñer orde, sospeitábamos que irían á deriva. O tempo deunos a razón. O Salón Peña, o mercado, e o palmeiral da Calzada, son un recordatorio cotiá de como xestiona o actual Goberno de Cambados.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas