Home Tabeirós A Estrada Xoán Reices responde a Zapato Veloz: “Non é de recibo que se...

Xoán Reices responde a Zapato Veloz: “Non é de recibo que se fomente o machismo con cartos públicos”

- Anuncio -

“Non caben posíbeis malas interpretacións da frase ‘me paso a las indias por la piedra’ que, sen lugar a dúbidas banaliza o sexo humillante e a violación”, afirma.

No día onte, o BNG da Estrada, e concretamente o seu candidato Xoán Reices, recibiu un comunicado do mánager do grupo musical “Zapato Veloz”, o Sr. Juan Miguel Osuna.

No comunicado, o mánager do grupo musical, cuxas pezas musicais amenizaban unha das atraccións pagadas polo concello da Estrada, emitía duras acusacións e descalificación contra o candidato nacionalista, Xoán Reices.

O candidato do BNG afirmou que “o tono no que está escrito o comunicado do mánager de “Zapato Veloz”, con numerosas faltas de respecto á miña persoa, é clarificador sobre a falta de capacidade argumentativa de quen o escribe”. “Non imos entrar a valorar estas faltas de respecto, pois pensamos que é totalmente irrelevante darlle resposta a esta cuestión”, engade.

Xoán Reices indicou que non “entraba a a valorar o estilo musical da canción, senón o contido das actividades levadas a cabo con cartos públicos, especialmente se están destinados aos máis cativos, aos nenos e ás nenas.” “E neste sentido”, engade, “non é de recibo que con cartos públicos se fomente o machismo precisamente entre os nenos e as nenas”.

O candidato nacionalista explico que “non caben posíbeis malas interpretacións da frase ‘me paso a las indias por la piedra’ que, sen lugar a dúbidas banaliza o sexo humillante e a violación. Neste caso, ademais, tendo en conta a historia de exterminio que se levou a cabo precisamente sobre os pobos de América, o caso é aínda máis sangrante”.

Xoán Reices reafírmase no dito a semana pasada, “entendemos que unha canción que fala de ‘pasar a las indias (mulleres) por la piedra’, é unha canción machista e non é axeitada para o público infantil; nin hoxe nin hai 30 anos, e pedimos a retirada do repertorio da atracción do concello”. “Este tipo de letras son vergoñentas”, engade.

Por outra parte, o candidato do BNG explicou que “se até hoxe ninguén elevara a voz sobre o contido desta canción, que asenta a idea da cultura da violación das mulleres, di moito do traballo que aínda queda por facer para termos unha sociedade igualitaria e respectuosa”.

“Afortunadamente”, engade “a sociedade galega mudou e avanzou moito e vanse dando pasos cara este obxectivo. E neste sentido, é clave fomentar entre as capas máis novas da nosa sociedade valores de igualdade e respecto, que desde logo non aparecen reflectidos nas estrofas desta canción.”

Apoio do BNG

A polémica co grupo “Zapato Veloz” na que se viu implicado o candidato do BNG, Xoán Reices, suscitou o apoio a través das redes de Montse Prado (https://twitter.com/montseprado/status/1610006038635323393), que nunha publicación en Twitter afirmou que “Non podemos calar diante do machismo, da tribialización da violencia contra as mulleres, sexa cal sexa o seu xeito de manifestarse. O silenzo fainos cómplices, parabéns a Xoán Reices e ao @bngdaestrada por non manterse á marxe.”

Tamén a conta oficial da organización nacionalista publicou un tuit de apoio a Xoán Reices, así como a toda a militancia do BNG na Estrada (https://twitter.com/obloque/status/1610176483065995264).

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas