Home Sin categoría A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través...

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de dellitos

- Anuncio -

Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar o uso social dos bens incautados

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo hoxe un encontro co decano do Ilustre do Colexio de Procuradores da Coruña, Javier Sánchez, e o xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGN), Fernando Alonso, para continuar co compromiso da Xunta no apoio á entidade a través dos convenios para o funcionamento do Servizo de Xestión de Bens Intervidos ao Narcotráfico ou para o desenvolvemento de actividades formativas e divulgativas.

No encontro abordouse, entre outros temas, a colaboración que se mantén desde 2015 para mellorar a xestión dos bens incautados en delitos de narcotráfico en Galicia. Deste xeito, as tres partes comprometéronse a manter a prestación deste servizo conxunto para axilizar a actividade das unidades xudiciais que se encargan destes asuntos no que se refire ás execucións e así maximizar o rendemento económico ao reducirse os custos de depósito e xestión dos activos comisados. Ao mesmo tempo, foméntase o retorno social dos bens incautados a través de accións antidroga mediante a adxudicación ou cesión de bens non vendidos a entidades sociais. A colaboración tamén inclúe a divulgación das vantaxes deste servizo nos órganos xudiciais.

O servizo de xestión de bens comisados é coordinado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico en colaboración co Ilustre Colexio de Procuradores da Coruña, en cuxas dependencias se depositan os bens mentres se realizan as xestións para a poxa autorizada pola autoridade xudicial. A colaboración da fundación coas autoridades xudiciais abarca desde a incautación ata a o remate do proceso de prestación do servizo.

Relacionadas

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Explorando o mar cos alumnos do CEP Sabarís de Baiona!

0
Os estudantes tiveron a emocionante oportunidade de visitar o visor submarino Nautilius e o buque Hidria, o segundo barco a vapor máis antigo de...

Os do Fondo da Barra pecharán o ciclo Folk no Colón presentando BâNZô, o...

0
José Manuel Lage destacou o papel protagonista da cultura galega na programación cultural promovida polo Goberno de Inés Rey O concerto será o 30 de...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

O Mapa de emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso...

0
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aspira a facilitar, con este novo espazo web, o desenvolvemento de novas actividades empresariais, reunindo todos os...

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

0
María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3...

Publicacións Relacionadas