Home Sin categoría O Mapa de emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas...

O Mapa de emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais en Galicia

- Anuncio -

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aspira a facilitar, con este novo espazo web, o desenvolvemento de novas actividades empresariais, reunindo todos os axentes territoriais e servizos ao dispor dos emprendedores na comunidade

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de lanzar o Mapa de emprendemento, un espazo virtual (http://www.mapaemprendemento.gal) que integra por primeira vez o ecosistema galego de apoio ao emprendemento con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio. Tras dúas semanas desde o seu lanzamento, a web xa reúne 145 rexistros de entidades (outra vintena trasladou o seu interese en adherirse) que traballan na promoción das iniciativas empresariais na comunidade.
Con medidas coma esta, a comunidade estase a consolidar como rexión emprendedora. O novo espazo será unha ferramenta moi útil para quen desexe desenvolver unha actividade en Galicia, para que sexa quen de localizar, de xeito áxil e nunha mesma contorna, a todos os axentes territoriais cos que pode contar.
O Goberno galego quere ser unha Administración facilitadora, polo que na presente Lexislatura avanzará na simplificación e unificación do catálogo de axudas existentes para o emprendemento.
Desde este 2024 a Xunta de Galicia está a axudar ás persoas que se dan de alta por primeira vez no réxime de autónomos, ao ofrecer o 100% de financiación da súa cota durante os primeiros doce meses. Case 5.000 persoas solicitaron estes apoios.
A Rede de polos de emprendemento, por outra banda, asesorou xa máis de 1.600 experiencias de emprendemento desde o seu estreo hai case dous anos. Esta trama, integrada por trece polos en activo, aos que se sumarán en breve dous máis e un centro coordinador, dá cobertura a emprendedores radicados en todo o territorio, especialmente en zonas rurais, onde a iniciativa está a contribuír a dinamizar as economías locais.
A Administración autonómica está a apostar ademais pola remuda, para evitar que morra o ecosistema comercial das localidades galegas. Así, no marco da Rede de polos, estase a desenvolver desde a Consellería de Emprego, Comercio e Igualdade, un programa específico, cun cento de empresas adheridas, coa finalidade de garantir a súa supervivencia, poñendo en contacto a persoas que cesan a súa actividade coas interesadas en retomala.
Non menos importante é para a Xunta a aposta pola economía social, con gran arraigamento en Galicia, que se seguirá a promover con apoios para o inicio de actividade, a consolidación e a xeración de emprego, contribuíndo tamén á súa promoción, esencial por se tratar dun modelo igualitario e de responsabilidade social.

Relacionadas

Luis López avanza a creación dunha aplicación móbil de realidade aumentada sobre as Rías...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e os deputados Nava Castro e Jesús Vázquez Almuíña, inaugurou a sexta edición da xornada TurisTIC...

Obradoiro de mantemento de PC na Casa da Mocidade Portaberta

0
O próximo 31 de maio, de 17:30 a 19:30 horas, terá lugar unha nova actividade en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e...

Aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas DepOUrtivas de Verán 2024

0
Esta iniciativa de conciliación familiar ofrecerá durante o mes de xullo actividades de 8.00h a 14.00 h. para nenos e nenas da provincia nados...

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís...

0
∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería...

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

0
● O novo transporte adquirido, subvencionado pola Deputación da Coruña, ten unha capacidade máxima para cinco ocupantes e poderá ser empregado polo persoal auxiliar...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de...

0
O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que...

Publicacións Relacionadas