Home Sin categoría Salcedo, nova parada no roteiro de Domínguez polas parroquias de Pontevedra

Salcedo, nova parada no roteiro de Domínguez polas parroquias de Pontevedra

- Anuncio -

• O líder da oposición visita a execución das obras do novo campo de fútbol, a restauración da igrexa parroquial e os problemas de seguridade viaria da contorna do CEIP San Martiño

• Domínguez: “As visitas a Verducido, A Devesa e Salcedo foron moi frutíferas. Os veciños están sensibilizados coas necesidades das súas parroquias e, desde o PP, estamos dispostos a axudarlles a mellorar a calidade de vida das persoas do rural”

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou varias obras en execución de Salcedo e reuniuse cos veciños da parroquia que demandan mellorar a seguridade viaria nas estradas próximas ao CEIP San Martiño.

Acompañado polo concelleiro responsable da área do Rural do PP, Martín Martínez, o líder da oposición empezou o seu percorrido no campo de fútbol de Salcedo. Un proxecto financiado integramente pola Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 1.959.886,16 euros, que é “primordial para a práctica deportiva e, especialmente, para a SCD Salcedo que leva anos queixándose do deixamento do Concello de Pontevedra para iniciar as obras, a pesar de ter os terreos á súa disposición desde o ano 2020”.

Posteriormente, os edís populares han comprobado a evolución das actuacións de rehabilitación da igrexa San Martiño de Salcedo, que executa a Xunta de Galicia cun orzamento de 275.164,89 euros. “Alégrame ver que os traballos de restauración avanzan a bo ritmo. Son consciente da importancia que esta obra ten para a parroquia despois de estar en contacto periodicamente cos seus representantes veciñais”, declarou o presidente do PP.

Por último, Domínguez atendeu a petición duns veciños preocupados polos problemas de seguridade viaria que afectan a contorna máis próximo ao colexio San Martiño: “Comprobamos in situ, cunha quincena de veciños, as dificultades de visibilidade e o exceso de velocidade ao que circulan algúns coches. Desde as administracións debemos buscar as mellores solucións para garantir o benestar dos afectados”.

O dirixente popular ha destacado que as visitas a Verducido, A Devesa (Alba) e Salcedo, durante este mes de abril, foron “moi frutíferas” porque a xente está “sensibilizada cos problemas das súas parroquias e, desde o PP, estamos dispostos a axudarlles a mellorar a calidade de vida das persoas do rural”.

Relacionadas

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís...

0
∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería...

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

0
● O novo transporte adquirido, subvencionado pola Deputación da Coruña, ten unha capacidade máxima para cinco ocupantes e poderá ser empregado polo persoal auxiliar...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de...

0
O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que...

Ambar abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

0
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional xa ten abertas as inscricións da 10ª Carreira pola Diversidade. A Carreira terá lugar o domingo...

A Deputación abre o prazo para solicitar a doazón de especies vexetais de Areeiro...

0
Os concellos e colectivos interesados poden efectuar desde maña, 9 de maio, ata o 30 de novembro, as súas peticións e elixir entre máis...

Máis de 1.500 persoas participarán este domingo na Baixada Popular de Cross de San...

0
Os dorsais para participar no circuíto poderán recollerse o sábado e domingo antes da saída, no Centro Cívico de Visma Dende as 7.00 ate as...

Publicacións Relacionadas