Home Sin categoría Silvia Penas Estévez conquista ao xurado do 27º Premio de Poesía de...

Silvia Penas Estévez conquista ao xurado do 27º Premio de Poesía de Carral coa súa obra A pel do exilio

- Anuncio -

· A Casa da Cultura acollerá a entrega do galardón o 31 de maio, no que tamén se presentará Oídos de espeleóloga, o traballo co que Ciro Briones gañou a pasada edición do certame.

“A forza da voz poética manifesta a súa furia a través do ritmo e da limpeza das imaxes”. Esta foi unha das razóns polas que a viguesa Silvia Penas Estévez (Vigo, 1980) se fixo co 27º Premio de Poesía do Concello de Carral. Coa súa obra A pel do exilio, a autora conquistou ao xurado de xeito unánime.

O poemario de Penas Estévez foi escollido entre un total de 94 obras presentadas, o cal supón un novo récord para este certame, que medra ano tras ano en cifras de participación. De entre todos os traballos, o xurado elixiu o da viguesa salientando o seu ritmo e a súa “vocación de mediar co mundo, traspasando o texto na procura da reflexión metapoética e identitaria”.

O xurado estivo composto polo presidente; o alcalde Javier Gestal Pose, por Inma Otero, Tamara Andrés, Ciro Briones, e actuando como secretario, con voz e sen voto, o técnico de Cultura, Carlos Lorenzo.

O premio, que conta coa colaboración anual da Xunta de Galicia, está dotado con 3.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

A entrega do premio Concello de Carral está prevista para o venres, 31 de maio, na Casa da Cultura e servirá, así mesmo, para presentar o libro Oídos de espeleóloga, co que Ciro Briones Penela gañou a 26ª edición do certame. O certame carralés lévase a cabo en colaboración coa Xunta de Galicia.

Biografía da gañadora

Silvia Penas Estévez comezou a súa andadura poética no colectivo Redes Escartala. A autora colleitou varios premios e accésits ao longo da súa traxectoria profesional e, no 2010, publicou o seu primeiro poemario Biografía da multitude (en coautoría con Elvira Riveiro). Penas Estévez escribiu tamén de As uñas crecen, co que conquistou o certame Manuel Lueiro Rey de Poesía. A este séguenlle Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (Premio de Poesía Avelina Valladares) e Fronteira Paraíso.

Relacionadas

Luis López avanza a creación dunha aplicación móbil de realidade aumentada sobre as Rías...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e os deputados Nava Castro e Jesús Vázquez Almuíña, inaugurou a sexta edición da xornada TurisTIC...

Obradoiro de mantemento de PC na Casa da Mocidade Portaberta

0
O próximo 31 de maio, de 17:30 a 19:30 horas, terá lugar unha nova actividade en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e...

Aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas DepOUrtivas de Verán 2024

0
Esta iniciativa de conciliación familiar ofrecerá durante o mes de xullo actividades de 8.00h a 14.00 h. para nenos e nenas da provincia nados...

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís...

0
∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería...

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

0
● O novo transporte adquirido, subvencionado pola Deputación da Coruña, ten unha capacidade máxima para cinco ocupantes e poderá ser empregado polo persoal auxiliar...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de...

0
O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que...

Publicacións Relacionadas