Home Pontevedra A entrega dos premios do Certame Cooperarivismo no ensino arranca hoxe no...

A entrega dos premios do Certame Cooperarivismo no ensino arranca hoxe no IES Valadares de Vigo

- Anuncio -

― A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, destacou no acto os valores que promove a economía social e a aposta do Goberno galego polo emprendemento a través da rede de polos

― A Xunta fará entrega ao longo das vindeiras semanas dos galardóns ao resto de colexios, institutos e centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial premiados

― Na edición de 2023 recoñécense os traballos dos centros CPR Plurilingüe Luis Vives de Ourense, CEIP de Domaio en Moaña, CEIP San Miguel de Reinante en Barreiros, IES A Guía de Vigo, CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, en Tomiño, e da sociedade cooperativa galega Mendiño, ademais do IES Valadares

A Xunta iniciou hoxe no IES de Valadares de Vigo a entrega dos premios da edición 2023 do certame Cooperativismo no ensino co que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade busca difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Catro colexios, dous institutos e o alumnado dunha sociedade cooperativa galega foron recoñecidos neste 2023 cos premios deste programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, tal e como publicou onte o Diario Oficial de Galicia (DOG).
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na entrega do premio ao IES de Valadares, un acto no que salientou a aposta da Xunta polo emprendemento a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego e os valores da economía social. O evento, tras a intervención de Ardao, rematou cun concerto de Sofía Espiñeira, música e tamén actriz de teatro e circo.
O instituto de Vigo gañou co EcoValadares: sociedade cooperativa xuvenil galega de Valadares o primeiro premio ao mellor traballo na modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial. A través desta iniciativa deseñaron unha cooperativa xuvenil co obxectivo de que o instituto se transformase nun ecocentro para acadar un consumo enerxético e de material funxible responsable, así como os coñecementos necesarios para tomar conciencia do que está a acontecer e facer previsións dun futuro mellor.
Nesta mesma categoría recibiu un accésit Vivindo do conto do CPR Plurilingüe Luis Vives de Ourense.
Modalidade actividades artísticas
O certame Cooperativismo no ensino inclúe outras dúas modalidades máis. Na de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial, establécense catro categorías. Na primeira, para o alumnado de segundo ciclo de educación infantil, gañou o premio ao mellor traballo o CEIP Plurilingüe Domaio, de Moaña, con Todo funciona se cooperamos. O accésit foi para o CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, enTomiño, por O clan dos superheroes e heroínas.
Na categoría para o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria resultou premiado o CEIP Plurilingüe Domaio, de Moaña, con Xogamos xuntos por un mundo cooperativo; e o accésit recaeu no CEIP San Miguel de Reinante, en Barreiros, por Cooperaglú. A terceira das categorías desta modalidade vai destinada ao alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria. O galardón ao mellor traballo foi para o CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros por Cooperación triunfo; e o CEIP Plurilingüe Domaio, de Moaña, recibiu o accésit por Cooperar ao son das ondas. Na última das categorías, para o alumnado de quinto e sexto de educación primaria, resultou gañador tamén o CEIP Plurilingüe Domaio, de Moaña, por A cooperación une xeracións; e o accésit foi para o CEIP San Miguel de Reinante, de Barreiros, por Cooperegueifa.
Proxectos empresariais
A terceira das modalidades do concurso que convoca a Xunta cada ano está dirixida a premiar os proxectos empresariais cooperativos feitos polo alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial. En 2023 resultou gañador nesta modalidade o IES A Guía, de Vigo, por Holística, sociedade cooperativa galega. O accésit recaeu en Sail2day, presentado polas alumnas e alumnos da sociedade cooperativa galega Mendiño, de Vigo.
A entrega destes galardóns é unha actividade previa á celebración do Día do Cooperativismo Galego que se celebrará o 1 de xullo nas instalacións da cooperativa Agroflor, en Narón. Dentro desta programación tamén se están a celebrar os Venres Cooperativos, visitas abertas á cidadanía para que coñeza entidades de economía social sitas nas catro provincias que se organizaron a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, en colaboración co Consello Galego de Cooperativas, órgano consultivo no que están representados administracións, institucións e entidades.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas