Home A Coruña A Xunta apoia a celebración do Noia Harp Fest para seguir diversificando...

A Xunta apoia a celebración do Noia Harp Fest para seguir diversificando a oferta turística do verán

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia presenta esta cita única no mundo especializada na arpa que reunirá artistas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucrania

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou esta mañá en Noia a aposta da Xunta de Galicia pola música e o turismo, como fórmula de éxito para consolidar “unha oferta turística diversificada con propostas en distintas vilas e capaz de demostrar a capacidade económica do turismo e da música”.

No acto de presentación do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, o coñecido coma Noia Harp Fest, o director de Turismo de Galicia salientou que eventos coma este axudan a “posicionarnos como sede espectáculos musicais especializados” e contribúen á dinamización económica das vilas e cidades onde se celebran cun forte impacto no sector hostaleiro e comercial e no ámbito do emprego local.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles tivo palabras de felicitación para a organización subliñando que foron “pioneiros no seu momento e cumprides xa 11 anos poñendo o nome de Noia e de Galicia no mapa deste xénero musical e converténdovos, tamén, no único evento do noroeste peninsular que se dedica á arpa”.

Referíndose ao cartel para esta edición do Noia Harp Fest, Xosé Merelles destacou o carácter internacional da cita con arpistas e bandas chegadas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucrania. Trátase dun elenco de artistas que “enchen de calidade a nosa oferta turística do verán”, engadiu.

A partir do 8 de agosto

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, desenvolverase do 8 ao 10 de agosto con concertos de folk, jazz ou clásica, onde a protagonista absoluta será, de novo, a música da arpa. Trátase dunha cita musical única no mundo e a súa organización corre a cargo de Alba Barreiro, Beatriz Martínez e Rodrigo Romaní. Un total de seis puntos da vila de Noia serán escenario dos distintos concertos: a Igrexa Museo de Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela, o Liceo de Noia, a Praza do Tapal, o Claustro de San Francisco e a Rúa do Curro.

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia comezará cun encontro duns 25 alumnos e alumnas das escolas de arpa de Galicia co que se pretende estimular a relación e crear unidade entre os músicos máis novos da Comunidade galega.

A partir dese momento, sucederanse unha serie de espectáculos musicais que converteran Noia no referente en toda Galicia e España da música interpretada pola arpa. Una foliada de benvida cederá a testemuña a arpistas de grupos como SonDeSeu e Descofar ou intérpretes coma Nadia Birkenstock ou Solomiia Savchuk, Rachel Hair & Ron Jappy, Camille Levecque e Momi Maiga.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

Publicacións Relacionadas