Home Ourense O Ribeiro A Xunta destaca o traballo dun consorcio de empresas liderado por Viña...

A Xunta destaca o traballo dun consorcio de empresas liderado por Viña Costeira no avance cara á dixitalización do sector vitivinícola

- Anuncio -

— Hoxe informouse, na sede da bodega en Ribadavia, do proxecto Libatio para a dixitalización das fases da maduración e fermentación do viño, que participou no programa Conecta Hubs da Axencia Galega de Innovación


— A dixitalización do tecido produtivo, especialmente das pemes, é un dos obxectivos prioritarios da política galega de I+D+i co obxectivo de contribuír a mellorar a súa competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, e o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, participaron esta mañá no acto informativo do proxecto Libatio (Sistema de monitorización en tempo real dos procesos de fermentación e maduración do viño) desenvolvido por un consorcio de catro pemes galegas liderado por Viña Costeira e apoiado pola Xunta de Galicia a través do programa Conecta Hubs, co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A directora destacou a contribución deste proxecto á transformación dixital do sector vitivinícola mediante a integración de tecnoloxías avanzadas en dúas fases clave do proceso de elaboración do viño, como son a maduración e fermentación do viño -etapas que ata agora apenas contaban con tecnoloxía dixital- o que permite mellorar a toma de decisións da empresa, reducir as perdas e ter un control continuo de todo o proceso. Ademais, esta solución tecnolóxica ten un gran potencial de aplicación noutros sectores, segundo apuntou o consorcio que executou o proxecto.

Deste xeito, impulsa a competitividade dun sector estratéxico como o agroalimentario e contribúe a avanzar cara a unha economía máis dixital e resiliente, baseada no coñecemento e na innovación. Precisamente, o obxectivo da liña de axudas Conecta Hubs é apoiar proxectos de I+D+i colaborativos desenvolvidos por agrupacións de empresas que contribúan a impulsar un tecido empresarial máis dixitalizado, innovador e sustentable, mellorando así a súa competitividade.
A transformación dixital do tecido produtivo galego, especialmente das pemes, é unha prioridade da política de I+D+i da Xunta de Galicia que no ano 2018 comezou a impulsar os Hubs de Innovación Dixital, como un instrumento novo que facilita o acceso da industria a tecnoloxías emerxentes. Así mesmo, na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 a dixitalización aparece como unha das tres prioridades transversais, xunto á sostibilidade e o enfoque cara as persoas.
Sobre Libatio
Este proxecto, liderado por Viña Costeira xunto a tres pemes galegas (SC Robotics, deseñadores de solucións aplicando internet das cousas (IoT); Nigal, empresa de análise de datos mediante intelixencia artificial; e Indominus AS, especialistas en xestión e desenvolvemento de proxectos de innovación e enxeñaría computacional) conseguiu o desenvolvemento dunha plataforma web completa que permite a monitorización en tempo real da etapa de maduración do viño mediante sensores para controlar o estado do viño almacenado nos depósitos de aceiro, así coma dispositivos de sensorización ambiental para o control da sala de envellecemento.

Outro dos obxectivos do plan foi a simulación da fase de fermentación do viño, proporcionando así unha predición sobre a evolución dos substratos involucrados no aroma e sabor do produto e o control da temperatura de fermentación que minimice o gasto enerxético derivado do arrefriamento.

Libatio permite, polo tanto, dixitalizar dúas das fases principais da cadea de valor da elaboración do viño, que apenas contaban con tecnoloxía dixital, a diferenza doutras fases como a colleita ou o embotellado.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas