Home Ourense A Xunta e A CEO abren dous puntos de información e asesoramento...

A Xunta e A CEO abren dous puntos de información e asesoramento en Verín e Valdeorras para difundir a cultura da innovación entre o tecido empresarial

- Anuncio -

— O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación da iniciativa Conecta Ourense, impulsada en colaboración coa confederación empresarial desta provincia


— O obxectivo é axudar ás empresas e autónomos a dar o necesario salto cara á dixitalización, a sustentabilidade e a innovación


— Desenvolveranse actividades divulgativas, xornadas, visitas a empresas, foros e outras accións para dar a coñecer os apoios dos que dispoñen as empresas

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na presentación de Conecta Ourense, unha iniciativa impulsada en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) que ten por obxectivo difundir a cultura da innovación entre o tecido empresarial, e axudar ás empresas e autónomos a dar o necesario salto cara á dixitalización, a sustentabilidade e a innovación.

Para iso, mediante o convenio asinado pola Xunta coa Confederación Empresarial de Ourense vanse abrir dous puntos de información e asesoramento da CEO nas comarcas de Valdeorras e Verín, para abranguer así unha área máis extensa e achegar este servizo a un maior número de pemes da provincia.

Desenvolveranse actividades divulgativas, xornadas, visitas a empresas, foros e outras accións para difundir entre o tecido empresarial ourensán a cultura da innovación, os apoios dos que dispoñen para innovar e a importancia de facelo. Tal e como destacou o vicepresidente económico, isto permitirá levar porta a porta un servizo de información e asesoramento indispensable para as empresas da provincia localizadas en contornos máis rurais.

A iniciativa enmárcase no programa de impulso á innovación das pemes impulsado pola Xunta, no que se están investindo 12 millóns de euros para conseguir elevar a ratio de empresas galegas innovadoras do 20,4% actual ata o 21,4%.

Conde, que destacou o papel que xoga a CEO no seu labor de apoio ás empresas ourensás, salientou a importancia de que o tecido empresarial e a Administración vaian da man, especialmente no actual contexto que demanda dun esforzo compartido para saír máis fortalecidos desta etapa de recuperación. Neste sentido, fixo fincapé en que a colaboración público-privada vai ser imprescindible para afrontar os grandes proxectos que van permitir a transformación dixital e sustentable do modelo económico, no escenario de oportunidades que presentan os fondos europeos Next Generation.

Na súa intervención, o responsable de Economía, Empresa e Innovación apuntou o compromiso de toda a provincia de Ourense coa recuperación. Isto explica, segundo dixo, que o número de empresas creadas o ano pasado nesa provincia se incrementase nun 11% con respecto a 2020, e que o incremento das exportacións fose dun 32%, rompendo por primeira vez a barreira dos 1.000 millóns de euros.

Ademais, tal e como apuntou Francisco Conde, Ourense é a provincia con maior número de Concellos Emprendedores, con 66, demostrando a implicación dos municipios na captación de investimentos a través de incentivos fiscais, máis axilidade na tramitación administrativa e no acceso ao solo industrial.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas