Home Xunta de Galicia A Xunta recoñece o traballo do Craega a prol do coidado do...

A Xunta recoñece o traballo do Craega a prol do coidado do medio ambiente o control e a certificación das producións da agricultura ecolóxica

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez avanza que o sector agrogandeiro será considerado como prioritario na futura Lei do clima de Galicia e anima ao Craega a asinar a Alianza Galega polo Clima, que conta xa cunhas 30 entidades adheridas


 José González destaca a máis que significativa evolución da agricultura ecolóxica en Galicia, onde as cifras confirman que esta produción está máis que consolidada e xa é unha tendencia actual


 Rosa Quintana enxalza o valor engadido que supón o distintivo deste organismo para os alimentos e destacou que a produción vencellada co mar xa representa preto do 20% dos resultados globais deste consello regulador

A Xunta de Galicia recoñeceu o esforzo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) a prol do coidado do medio ambiente mediante o control e a certificación das producións da agricultura ecolóxica, unha tarefa fundamental para poñer en valor a calidade do produto e a información ao consumidor. Así o salientaron os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; do Medio Rural, José Gonzalez, e do Mar, Rosa Quintana durante a súa participación no acto conmemorativo polo 25 aniversario da entidade.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor a colaboración de Craega en cuestións como a loita fronte ao cambio climático, a aposta pola economía circular e o aproveitamento sustentable dos recursos naturais. E, a maiores, incidiu no “importante papel” da agricultura ecolóxica na planificación do futuro de Galicia en clave de sostibilidade, unha cuestión na que a Xunta vén traballando con iniciativas como a Estratexia Galega de Economía Circular 2019-2030 e a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050.

Ademais, a agricultura ecolóxica representa un modelo a seguir xa que vai ser fundamental para acadar a neutralidade en carbono e mellorar a resiliencia no noso territorio. “Contribúe á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro ao diminuír a aplicación de fertilizantes”, salientou Ángeles Vázquez, que lembrou que Galicia é unha das tres comunidades que máis reduciu as súas emisións respecto a 1990.

De cara ao futuro, Ángeles Vázquez avanzou que o sector agrogandeiro será considerado como prioritario na futura Lei do clima de Galicia, coa que se pretende outorgar rango legal ás políticas da Xunta para afrontar o cambio climático. E, nesa liña, animou ao Craega a asinar a Alianza Galega polo Clima, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e que conta xa cunhas 30 entidades adheridas.

Evolución da agricultura ecolóxica
Pola súa parte, o conselleiro do Medio Rural, José González, destacou a máis que significativa evolución da agricultura ecolóxica en Galicia durante os últimos anos. Así, salientou as máis de 45.000 hectáreas certificadas que hai a día de hoxe, os máis de 1.500 operadores ecolóxicos -entre produtores, elaboradores e comercializadores- e os preto de 113 millóns de euros de valor económico estimado. Unhas cifras, incidiu, que confirman que a produción ecolóxica en Galicia está máis que consolidada, pasando de ser unha moda a unha tendencia actual. Por iso, dende a Xunta apóstase por esa calidade diferenciada, que protexe e posiciona de forma positiva os produtos galegos nos mercados nacional e internacional.

Así, para reforzar esa posta en valor dos produtos de calidade, o conselleiro sinalou que o seu departamento está traballando na Lei da calidade alimentaria -o Consello da Xunta vén de aprobar a remisión desta norma ao Consello Económico e Social de Galicia-, que rexerá a calidade diferenciada e permitirá mellorar, integrar e desenvolver a súa regulación. Ademais, puntualizou, a través desta lexislación asentaranse as bases da produción de proximidade, a produción san e sostible e a produción de calidade que sempre identifica Galicia no ámbito gastronómico.

Por último, o titular de Medio Rural fixo fincapé no requisito europeo de incrementar a superficie agraria útil en produción ecolóxica ata chegar, polo menos, ao 25% para 2030. Nesta liña, destacou o traballo que se está levando a cabo a través da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que precisamente pon á disposición ferramentas como os polígonos agroforestais ou, incluso, as aldeas modelo para seguir crecendo no eido agrario.

Valor engadido
A conselleira do Mar, pola súa banda, valorou o enorme labor que leva a cabo o Craega desde hai un cuarto de século aportando un enorme valor engadido aos alimentos, facendo os produtos certificados máis atractivos e convertendo a experiencia de compra nunha actitude de responsabilidade. Así, puxo de manifesto que a venda dos produtos do mar con selo ecolóxico certificado se multiplicou por cinco nos últimos anos ata chegar aos 21 millóns de euros de facturación na actualidade.

Rosa Quintana destacou que o ano pasado a comercialización dos produtos ecolóxicos de orixe mariña pivotou entre a acuicultura e a recolleita de algas –que supuxo preto de 6,5 millóns de euros– e as conservas, que alcanzaron os 14,5 millóns de euros. Neste sentido, destacou que a produción vencellada co mar xa representa preto de 20% dos resultados globais do Craega, polo que animou a seguir colaborando, tanto administracións como entidades, para seguir ofrecendo as máximas garantías e calidade alimentaria á sociedade.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas