Home Pontevedra O Salnés A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ribadumia con...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ribadumia con 77 prazas de estacionamento

- Anuncio -
  • O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 540.000 euros
  • Diego Calvo destacou que a iniciativa contribúe a reducir o tráfico e implantar zonas de baixas emisións ao deixar o automóbil neste espazo para desprazarse despois compartindo vehículo
  • María Martínez subliña a aposta da Xunta ao ofrecer infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas, verdes e saudables

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron hoxe o novo aparcadoiro disuasorio que a Xunta vén de rematar en Ribadumia, na estrada provincial EP9405, e que supuxo un investimento de 540.000 euros. O espazo sitúase preto do núcleo de Barrantes, na contorna da rotonda entre a autovía do Salnés e a VG-4, e suma 77 prazas de aparcamento.

Diego Calvo enmarcou a iniciativa no propósito de reducir o tráfico entre o Salnés e as áreas de Pontevedra, Vigo e Santiago, contribuíndo a implantar zonas de baixas emisións nelas, especialmente durante o verán polos desprazamentos ás praias. Así, este espazo ten como obxectivo poder deixar o automóbil de xeito cómodo e seguro e desprazarse, despois, compartindo coche cara ao lugar de estudos ou de traballo diario, contribuíndo á implantación de zonas de baixas emisións. Polo tanto, a Xunta fomenta a mobilidade sostible ao poñer á disposición da cidadanía unha rede de aparcadoiros disuasorios que fomenten o vehículo compartido.

Segundo sinalou, a estas medidas preténdese “afrontar os retos da mobilidade desde un enfoque integrador no social, responsable no ambiental e ambicioso no económico”, engadiu.

Na visita, Martínez Allegue subliñou que con actuacións como o novo aparcamento disuasorio o Goberno galego está a amosar o seu firme compromiso “coa procura dun territorio máis habitable, conectado e amigable co medio ambiente”. Neste senso, lembrou que coas de Ribadumia, son 672 as prazas de estacionamento a disposición da cidadanía cos aparcamentos que se están a construír. “Con actuacións coma esta, apostamos polo tanto, por infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas, verdes e saudables”, sinalou.

Superficie de 2.800 metros cadrados

O recinto ocupa 2.815 metros cadrados de superficie sobre unha explanada adxacente á estrada provincial EP9405 e bordeada polo rego de San Martiño, xa dedicada a estacionamento de vehículos. Das 77 prazas, todas en batería e dúas delas reservadas para persoas con mobilidade reducida, 26 están dispostas nunha illa central, rodeada dunha franxa perimetral para tránsito peonil de 1,80 metros e carrís de circulación de 4,20 metros de ancho e de sentido único. O resto das prazas distribúense nos bordos da estrada e do leito do río, separadas deste por unha beirarrúa de 2,50 metros de ancho.

O espazo conta ademais cunha franxa verde de 1,30 metros de ancho con arborado e alumeado no perímetro exterior e na illa central, así como con tres puntos de recarga para vehículos eléctricos. Para o acceso ao aparcadoiro acondicionouse o viario existente, reforzando o firme en todo o ancho da plataforma, elevando o paso de peóns existente e executando un paso novo. A maiores, instalouse unha varanda de 80 metros para protexer a caída ao leito do río San Martiño e un valado de 52 metros para illar o predio lindeiro.

A conselleira de Vivenda e Infraestruturas destacou que das citadas 672 prazas de estacionamento, 436 estanse a habilitar na provincia de Pontevedra. Recentemente inaugurouse o aparcamento de Domaio e se está a traballar noutros en Nigrán; Marín;  Pontevedra, e executarase outro aparcadoiro en Vilagarcía en canto se conte coa autorización do Ministerio de Transportes.

Ademais,  están en marcha actuacións con financiación europea que se espera que estean rematadas a finais de ano para sumar outras 236 prazas de aparcamento disuasorio, 88 en San Xoán (Ferrol) e 148 na Avenida de Breogán (Lugo).

Relacionadas

O Concello de Redondela selecciona tres técnicos para obras públicas, xestión forestal e administración

0
Dentro do proxecto “+Emprega nos Concellos” da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela abre un proceso de selección para cubrir os postos de...

Luis López salienta a diversidade do tecido deportivo e a capacidade para organizar competicións...

0
O presidente provincial participa na sétima edición da Festa do Deporte de Ribadumia onde se entregaron 15 premios para recoñecer o labor de deportistas,...

O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno central discrimine a...

0
Esta mañá, os deputados autonómicos, Julio García Comesaña, Felisa Rodríguez e Michel Fidalgo; os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón; acompañados dos senadores,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio,...

Luis López sinala a apertura da nova residencia de artistas de Ponteareas como unha...

0
O presidente provincial participa, xunto ao presidente da Xunta Alfonso Rueda e a alcaldesa e deputada Nava Castro, na inauguración dun proxecto pioneiro na...

Luis López louva o labor do tecido veciñal ante centos de persoas no terceiro...

0
O presidente da Deputación comparte unha nova xornada de convivencia deste programa de Acción comunitaria con asociacións veciñais de Cuntis e a contorna con...

Publicacións Relacionadas