Home Pontevedra Caldas O Pabellón Municipal do concello de Moraá acollerá novamente durante dúas xornadas...

O Pabellón Municipal do concello de Moraá acollerá novamente durante dúas xornadas máis cribados con pcr para a detección de casos de covid-19

- Anuncio -

Esta iniciativa preventiva da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés terá lugar durante a mañá do vindeiro domingo 30 de maio e durante a mañá e a tarde do luns 31 de maio

Vaise convocar, vía SMS telefónico, a arredor de 1.180 persoas de 30 a 39 anos e de 50 a 65 desta localidade, todos eles con tarxeta sanitaria asignada no centro de saúde

Os resultados negativos serán comunicados por SMS e os positivos contactando directamente vía telefónica con cada persoa

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa en vindeiras datas no Concello de Moraña con novos cribados poboacionais con PCR, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de COVID 19 nesta localidade.

Este cribado voluntario terá lugar no pabellón municipal de de Moraña durante a mañá do vindeiro domingo 30 de maio para 409 morañeses dentre 30 e 39 anos, así coma durante a mañá e a tarde do vindeiro luns 31 de maio de 2021 para 774 cidadáns dentre 50 a 65 anos desta localidade, todos eles con tarxeta sanitaria asignada no centro de saúde.

Coma ben sendo habitual, á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocará a estes dous colectivos poboacionais morañeses vía SMS telefónico.

Dous equipos de enfermaría en cada turno
Para levar a cabo estes novos cribados, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no pabellon municipal de Moraña con dous equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras e información aos usuarios.

Todas as mostras tomadas con PCR no Concello de Moraña procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés aos usuarios por SMS, sempre que estes sexan negativos.

No caso de resultar positivos, ditas notificacións comunicaránse de xeito individual a cada cidadán.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas