Home A Coruña Rueda destaca que o novo albergue de peregrinos de Ferrol vai consolidar...

Rueda destaca que o novo albergue de peregrinos de Ferrol vai consolidar e impulsar o Camiño Inglés que xa é a cuarta Ruta Xacobea con máis peregrinos

- Anuncio -

— Subliña que estará en marcha en xullo e que vai ser o centro con maior capacidade nesta ruta ao contar con 60 prazas

— O primeiro albergue público da cidade de Ferrol vai elevar a 76 os centros da rede autonómica, sete deles no Camiño Inglés

— Destaca que o Camiño de Santiago “é o mascarón de proa do turismo e a marca Galicia”

— O Goberno galego traballa para converter esta ruta xacobea nun referente de turismo familiar e ‘pet friendly’

— Resalta que o número de viaxeiros chegados a Galicia aumentou un 19 % no primeiro cuatrimestre de ano e que se bateu récord histórico de pernoctacións

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o novo albergue público de peregrinos de Ferrol vai consolidar e impulsar o Camiño Inglés entre os peregrinos que se dirixen a Compostela. O titular do Goberno galego destacou que esta ruta que parte do mar “está a crecer moito” e xa é a cuarta máis utilizada, só por detrás do Camiño Francés e as dúas variantes portuguesas.

O primeiro albergue público da cidade de Ferrol, que comezará a funcionar en xullo, está ubicado na antiga hospedería da Casa do Mar. Rueda resaltou que vai ser o albergue con maior capacidade de todo o Camiño Inglés -ao dispoñer de 60 prazas- e contará cunhas instalacións que garantan a accesibilidade e a eficiencia enerxética.

O presidente subliñou que este albergue vai servir “como elemento tractor” para que xurdan outro tipo de iniciativas vencelladas ao Camiño nesta comarca e darlle un pulo ao sector turístico nesta zona. “O Camiño Inglés está medrando moito e aínda lle queda moito percorrido. É unha fonte de oportunidades”, indicou.

Coa apertura deste albergue, a rede pública galega contará con 76 centros de acollida aos peregrinos, dos que sete se atopan no Camiño Inglés. Rueda resaltou a importancia do Camiño de Santiago non conxunto do turismo da comunidade. “O turismo en Galicia é moito máis que o Camiño de Santiago, pero o Camiño é o mascarón de proa do turismo e da ‘marca Galicia’”, destacou.


Por iso, a Xunta destina 125 millóns de euros de orzamento ao Plan Director do Camiño de Santiago 2022-2027. Case a metade do orzamento vai dirixido a actuacións de mantemento e mellora das sendas e os albergues.

Ademais, o Goberno autonómico aposta por impulsar o Camiño Inglés como un referente do turismo familiar e para convertelo en Camiño ‘Pet Friendly’. A Xunta traballa na adaptación dos últimos 40 quilómetros da ruta para poder facelos con nenos (ao dividilos en etapas de 8 quilómetros de media) e vai modificar a sinalización e engadir zonas de lecer infantís e servizos para as familias en toda a ruta.

Novos datos históricos en turismo
Os últimos datos do sector turístico -correspondentes ao primeiro cuatrimestre do ano- seguen a demostrar que Galicia segue a consolidarse como destino turístico seguro e sostible. Entre xaneiro e abril visitaron á comunidade galega un total de 1,3 millóns de turistas, o que supón un 19 % máis que no mesmo período de 2022. Ademais, rexistrouse récord histórico nun primeiro cuatrimestre de ano de noites aloxadas ao superar as 2,3 millóns e tamén se acadaron máximos históricos de turistas estranxeiros ao lograr 586.000 pernoctacións.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

Publicacións Relacionadas