Home O Salnés Cambados Valentín García participa en Cambados no acto de recepción de Takekazu Asaka...

Valentín García participa en Cambados no acto de recepción de Takekazu Asaka como membro de honra da Real Academia Galega

- Anuncio -

O secretario xeral da Lingua salienta a súa contribución á proxección exterior da lingua e da cultura galegas

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no municipio pontevedrés de Cambados no acto de recepción como membro de honra da Real Academia Galega de Takekazu Asaka, do que salientou a súa “contribución á proxección exterior da lingua e da cultura galegas”.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor a contribución de Takekazu Asaka ao coñecemento da nosa lingua e literatura no Xapón, produto dos traballos, estudos e investigacións ao longo de máis de tres décadas. Precisamente, lembrou que ten vertido ao seu idioma materno obras de Rosalía de Castro ou Uxío Novoneyra, impartido clases de lingua e literatura galegas no seu país, publicados libros pioneiros para a aprendizaxe do galego desde o seu idioma materno e promovido a celebración do Día das Letras Galegas na contorna de Tokyo.

Embaixador da cultura galega no Xapón, Takekazu Asaka é Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Kansa Gaidai (Osaka) e impartiu clases de lingua, gramática e literatura galegas en varias universidades xaponesas e mais no Instituto Cervantes de Tokyo. Actualmente, é membro correspondente da Real Academia Galega e embaixador da cultura galega no Xapón As súas contribucións á proxección exterior da cultura galega foron recoñecidas, entre outras distincións, co XVI Premio Ramón Cabanillas.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas