Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación instalará mesas e bancos de granito na área recreativa da...

A Deputación instalará mesas e bancos de granito na área recreativa da Veronza, en Ribadavia

- Anuncio -

A actuación renovará completamente o actual mobiliario, de madeira, cun investimento de 14.060 euros

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, resalta que as novas mesas e bancos “garantirán a resistencia as inclemencias meteorolóxicas e mellorarán a imaxe deste fermoso entorno”

A Deputación de Ourense ven de licitar un contrato para a compra e colocación de sete mesas de granito cos seus respectivos bancos na área recreativa da Veronza, no concello de Ribadavia. A actuación, coa que se substituirá por completo o actual equipamento de madeira, suporá un investimento de 14.060 euros por parte do goberno provincial e a execución das obras será dun mes.

O vicepresidente segundo da Deputación, Cesar Fernández, visitou esta mañá a zona da Veronza onde se acometerán estes traballos, acompañado polos técnicos da administración provincial Eva María Barrio e Manel Rodríguez. “A renovación completa do mobiliario desta zona garante a súa resistencia ás inclemencias meteorolóxicas, mellorando a imaxe e a conservación deste fermoso entorno á beira do río Avia”, sinalou César Fernández.

Esta actuación encáixase dentro do convenio de colaboración asinado en 2003 pola Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Norte -hoxe Miño-Sil- para as obras de desenrolo de acondicionamento da marxe dereita do Avia, a través do cal apostábase pola recuperación deste entorno natural. Neste marco de cooperación entre a Deputación e o organismo de cuenca, a administración provincial adquiriu o compromiso da conservación, mantemento e limpeza das obras neste espazo. Un compromiso no que a Deputación leva traballando dende entón, incorporando mobiliario urbano ou sinalización, e que se reforza agora coa instalación destas novas mesas de pedra -2,70 metros de largo e 0,90 metros de ancho- e bancos -2,70 metros de largo e 0,35 de ancho-.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas