Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar recibe a unha nova promoción de alumnado do instituto arxentino-galego...

Manuel Baltar recibe a unha nova promoción de alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol de Bos Aires

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no salón de plenos do Pazo Provincial a 25 alumnos e 3 profesores do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol de Bos Aires, un centro que cada ano prepara para cada promoción unha viaxe de fin de curso a Galicia.

Precisamente, Manuel Baltar deu a benvida á provincia a esta nova promoción lembrando os vencellos existentes entre Ourense e Arxentina. Unha “relación viva e frutífera”, reivindicada polo goberno provincial a través de fitos coma a entrega do Premio Ourensanía 2018 en Bos Aires, unha viaxe na que inaugurouse a aula “Eduardo Blanco Amor” no instituto Santiago Apóstol, centro que ten recibido apoio da Deputación para a mellora de infraestruturas ou a creación dunha biblioteca galega.

Manuel Baltar enmarcou esta colaboración dentro da “poderosa vinculación” entre Ourense e a emigración. Unhas palabras ás que se sumou o presidente do PEN Galicia e a Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar: “Galicia está onde están os galegos e Ourense está onde están os ourensáns”, sinalou o poeta nunha recepción na que tamén estivo presente o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas