Home O Ribeiro A Arnoia Natación e pádel surf reunen esta fin de semana co apoio da...

Natación e pádel surf reunen esta fin de semana co apoio da Deputación a máis de 150 deportistas na II Arnoia Termal Sports

- Anuncio -

No pantalán de Arnoia, onde se presentou a proba, o vicepresidente primeiro da institución provincial, Rosendo Fernández, cualificou o escenario da competición como “unha das mellores láminas de auga de Europa que fan posible que podamos desenvolver a estratexia de turismo deportivo pola que aposta a Deputación e o Inorde”

O alcalde, Rodrigo Aparicio, puxo énfase na novidade que supón a celebración da Copa Galicia de pádel surf nun encontro deportivo “que irá sumando variantes cada ano o que a fará máis atractiva”. O 31 de xullo celebrarase, neste mesmo lugar, a proba internacional Arnoia Sup Challenge da mesma modalidade

A natación e maila incorporación do pádel surf como novidade son os deportes que protagonizarán esta próxima fin de semana -9 e 10 de xullo- a segunda edición da Arnoia Termal Sports, que co apoio da Deputación de Ourense reunirá a máis de 150 deportistas en augas do río Miño e situará á contorna termal deste concello como punto de referencia turístico-deportivo. Unha cita que foi presentada esta mañá no pantalán de Arnoia coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde, Rodrigo Aparicio; o xefe provincial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o xerente de Caldaria, Javier Soto; e o director técnico da proba, Serafín Martínez.

Rosendo Fernández cualificou o escenario da presentación e da proba como “unha xoia da natureza, unha das mellores láminas de auga de Europa que fan posible que podamos desenvolver a estratexia de turismo deportivo pola que aposta a Deputación e o Inorde”. Para o vicepresidente primeiro, “non hai mellor lugar que este para poñer en valor a promoción de Ourense como destino turístico, con eses catro grandes piares que se concitan neste enclave: natureza, patrimonio, termalismo e enogastronomía”.

Rodrigo Aparicio puxo énfase na novidade que supón a celebración da Copa Galicia de pádel surf nun encontro deportivo “que irá sumando variantes cada ano o que a fará máis atractiva”, mentres que Manuel Pérez subliñou que citas deportivas como esta “son froito da colaboración institucional entre a Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Arnoia, pero tamén da implicación de entidades privadas como o grupo Caldaria”. O seu xerente, Javier Soto, agradeceu “a estratexia da Deputación para toda a provincia impulsando un ecosistema deportivo, onde o deporte xera un impresionante retorno e achéganos a cualificación de destino especializado”.

Serafín Martínez detallou as características da II Arnoia Termal Sports, incidindo en que a celebración da Copa Galicia de pádel surf terá a súa continuación 31 de xullo coa celebración, neste mesmo escenario, da proba internacional Arnoia Sup Challenge. Polo que respecta ao programa deportivo da fin de semana, as probas comezarán o sábado, día 9, coa competición de natación en augas abertas en dúas distancias: 3.000 e 1.500 metros na contorna do hotel balneario Caldaria de Arnoia. O domingo celebraranse as competicións de pádel surf que incluirán as categorías Sub 8, 10, 14, 16, promoción, sub 18 e elite.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas