Home Lugo A Xunta pon en valor a importancia dos paquetes turísticos desenvoltos nas...

A Xunta pon en valor a importancia dos paquetes turísticos desenvoltos nas zonas afectadas polos incendios forestais en Lugo e Ourense

- Anuncio -

 Turismo de Galicia colaborou con máis de 90.000 € con esta iniciativa que están levando a cabo 28 axencias galegas con 45 paquetes turísticos

A Xunta pon en valor os resultados da iniciativa levada a cabo, a través do convenio de colaboración firmado coa Asociación galega de axencias de viaxes, para a creación de 45 produtos turísticos, co obxectivo de reactivar as zonas afectadas polos incendios forestais nas provincias de Lugo e Ourense.

A iniciativa estase levando a cabo grazas á oferta turística de 28 axencias galegas como son Viajes Fontao, Yo no viajo solo, Arribeirados, Viajes Embajador, Rutea, Simply Galicia, Viajes Tambre, Ruteart Viajes, Circuitos Galicia, Viajes Cuzco, Viajes Carrefour A Coruña, Siente Galicia, Buy Deal, Buscando el Norte, Viajes Fisterra, Pontetur, Galitur, Vientoaparente, Viajes Vefa, Viajes Paco, Galicia Tesoro Secreto, Nautalia Viajes, Tee Travel, B de viaje, Viajes El Camino, Experiencias del destino, CN Travel y Volta Montana

Entre as actividades propostas, atópanse produtos que están sendo altamente demandados na actualidade, orientados a espazos naturais como turismo ornitolóxico, turismo activo, turismo de aventura; e outros orientados a poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da nosa comunidade. Así mesmo, cabe destacar os paquetes turísticos centrados na gastronomía; orientados a un atractivo específico, como o destino Starlight; así como os paquetes para promocionar o Camiño de Inverno.

Esta iniciativa naceu coa finalidade da creación de paquetes orientados a promocionar turísticamente os concellos da comarca do Courel e da comarca de Valdeorras. Para levala a cabo, a Axencia de Turismo destinou máis de 90.000€ coa finalidade de contribuír a mellora do posicionamento turístico.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas