Home Ourense Barbadás Actuación de Teatro ESTETA en Barbadás

Actuación de Teatro ESTETA en Barbadás

- Anuncio -

O próximo domingo 11 de setembro as 19:30 estará en Barbadás o grupo Teatro Esteta de Taboadela coa obra “Tantos anos de Silencio” na sala Manuel María de Barbadás ( A Valenzá).

Sinopse:

Ánxela acepta dirixir unha excavación nunhas fosas comuns da Guerra Civil, no Pazo de Falvia en Galiza, onde según a memoria colectiva produxéronse torturas e múltiples execucións.

Ao abrir as fosas, Ánxela e o seu equipo atopan os restos de seis persoas asasinadas, pero ademáis no mesmo espazo, algo apartado aparece tamén o esqueleto perfectamente conservado dunha muller cun libro.

Como morreu esa muller? Quen era? Que secretos oculta o actual propietario do pazo, o exmiltar Darío Rocha? A resposta desvélase nunha representación que alterna a investigación no presente de Ánxela – que a sua vez fuxe da devastadora experiencia dun matrimonio marcado polos malos tratos e a violencia- e a sucesión de feitos que tiveron lugar no pazo en 1936.

A mestra Beatriz Varela e a súa filla Ana aplicar nesa época os ideais da Institución Libre de Ensinanza nas terras de Flavia co ánimo de cambialo todo, ofrecendo ao seu pobo o acceso a educación e a esperanza.

En Tantos anos de Silencio redórdase unha época de escuridade, de vergoña, de paseos na madrugada e tiros nas cunetas, pero tamén de loitar por unha vida mellor. Unha montaxe que recupera parte da nosa historia e nos fai pensar en como puido ser vivir naquela época.

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura).

Redomentado a partir de 12 anos en diante

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas