Home Ourense Comezan as obras no parque de Doutor Peña Rey, primeira das actuacións...

Comezan as obras no parque de Doutor Peña Rey, primeira das actuacións do Plan de Mellora de Parques Infantís que pon en marcha o Concello

- Anuncio -

Os traballos contan cun orzamento de 48.456,43 euros, e suporán a remodelación integral da zona de xogos emprazada no barrio da Cuña

“Cumprimos a palabra dada hai un mes, cando anunciamos o Plan de Mellora dos Parques Infantís -70 en toda a cidade e perímetro rural-, e o que hoxe comeza é o primeiro dos 10 parques que serán rehabilitados ata final de ano”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar

Esta mañá comezaron as obras de rehabilitación e reforma integral do parque infantil da rúa Doutor Peña Rey, no barrio da Cuña, e que suporán un investimento de 48.456,43 euros.

Esta actuación é a primeira que se pon en marcha dentro do Plan de Mellora de Parques Infantís que ten planificado o Concello de Ourense a través da Concellería de Medio Ambiente e que supón un investimento global de 8 millóns de euros para a mellora integral de 70 parques e zonas infantís de toda a cidade e do perímetro rural.

“Cumprimos coa palabra dada hai un mes, cando anunciamos o Plan de Mellora dos Parques Infantís, e o que hoxe comeza é o primeiro dos 10 parques que serán rehabilitados ata final de ano”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar. “O propósito que temos é avanzar coas diferentes fases e actuacións previstas e atendendo así ás demandas que nos trasladan os veciños e as familias de Ourense”.

Así, o concelleiro explica que o plan foi elaborado seguindo varias liñas principais de traballo:

Mellora da seguridade dos parques para os nenos

Innovación nos novos xogos para un maior goce dos nenos e nenas no lecer ao aire libre

Incorporación de xogos accesibles para a creación de novas zonas de integración para tentar dar resposta ás necesidades dos nenos con diversidade funcional

Sosteñibilidade da contorna dos parques infantís para un maior goce do conxunto das familias dos parques

Adaptación das instalacións á climatoloxía da cidade

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas