Adentrámonos no mes de agosto e o Programa BARBADÁS É CULTURA, continúa con animación, este xoves 4 de agosto as 21h. concerto do grupo musical EN MALA HORA que traerán un montón de éxitos do pop e rock nacional e de fóra das nosas fronteiras; unha xornada para desfrutar ao grande da música.
Este concerto está organizado pola concellaría de Cultura de Barbadás e será no parque dos Patos (A Valenzá).