Home Ourense A Limia Manuel Baltar: “José Rodríguez Dobaño ‘Peitos’ resume na súa figura os mellores...

Manuel Baltar: “José Rodríguez Dobaño ‘Peitos’ resume na súa figura os mellores trazos do que é ser un concelleiro”

- Anuncio -

O presidente da Deputación participou esta mañá na homenaxe ao edil de Porqueira falecido en setembro: “Todos os que tivemos a sorte de coñecelo podemos dicir o mesmo. Seremos os mellores embaixadores do seu recordo”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá na homenaxe organizada polo Concello de Porqueira para honrar a figura de José Rodríguez Dobaño “Peitos”, concelleiro falecido en setembro deste ano.

A homenaxe a Peitos celebrouse fronte ao edificio multiusos municipal, que dende hoxe leva o nome de José Rodríguez Dobaño coma homenaxe institucional. O acto, enmarcado no tradicional magosto de Porqueira, contou coa presenza de centenares de veciños ademais de alcaldes e concelleiros de diferentes puntos da provincia. Na homenaxe interviron Manuel Baltar; a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez; o afillado de Peitos, Félix; e o veciño José Castro.

“Peitos foi un verdadeiro servidor público. Na súa figura quedan resumidos os mellores trazos do que é ser un concelleiro”, destacou Manuel Baltar, que recordou a última visita institucional a Porqueira, este mesmo ano: “Aí estaba José Rodríguez, pensando e pelexando como durante máis de tres décadas por novos proxectos. Falando do futuro do seu pobo, sabendo sempre a importancia de ser positivos e construtivos”.

O presidente da Deputación ponderou a “fonda pegada” que deixa Peitos: “Todos os que tivemos a sorte de coñecelo podemos dicir o mesmo. Seremos os mellores embaixadores do seu recordo”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, quixo recoñecer a “máxima implicación” de Peitos con Porqueira: “Foi unha persoa leal, comprometida e traballadora. Sempre estaba disposto a atender aos veciños, axudando a resolver calquera problema, amosando toda a súa colaboración neste proxecto colectivo ao que adicou máis da metade da súa vida”.

Mentres tanto, o seu afillado Félix, e José Castro, valoraron a figura de Peitos, “unha persoa que deixa un baleiro difícil de asimilar. Todos os veciños o queremos e o recordaremos”.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas